Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Consorcio para a Promoción do Música

Enderezo:

Glorieta América 3, Bj. 15004 A Coruña

Teléfono:

981 252 021

Fax:

981 277 499

Páxina web:

www.sinfonicadegalicia.com

Servizos:

Promover toda clase de actividades musicais: sinfónicas, operísticas, corais, sinfónico-corais, camerísticas, recitais, etc., a través da colaboración con agrupacións, organismos e institucións nacionais ou estranxeiras.

O consorcio xestiona directamente a Orquestra Sinfónica de Galicia e terá como obxecto:

Difundir a música mediante actuacións da Orquestra Sinfónica de Galicia e a realización de gravacións e transmisións por radio, televisión ou outros medios técnicos de comunicación.

Divulgar as actividades do consorcio mediante a venda de libros e revistas así como de discos, CD, DVD, vídeos e similares.

Horario:

Luns a venres de 08:00 h. a 15:00 h.

FESTIVAL MOZART web: www.festivalmozart.com Email: info@festivalmozart.com ORQUESTRA SINFÓNICA Constitución: constituíuse no ano 1992 web: www.sinfonicadegalicia.com Email: info@sinfonicadegalicia.com PREZO PÚBLICO POR ENTRADA E ABONOS DAS ACTUACIÓNS ORGANIZADAS POLO CONSORCIO PARA A PROMOCIÓN DA MÚSICA Aprobación definitiva do establecemento, modificación e ordenación dos prezos públicos por entrada e abonos das actuacións organizadas polo Consorcio para a Promoción da Música, publicada no BOP nº 228 do 29 de novembro de 2013. Esta publicación, entre outros puntos, regulan o seguinte: Tipos de localidades: no Palacio da Ópera, Teatro Rosalía de Castro e Teatro Colón. Tipo de actuacións (definición): Ópera, Zarzuela, Concerto orquestral, Concerto de Cámara, Concertos didácticos e en familia, Concertos divulgativos, Ópera en Familia Tarifas: entradas e abonos (incluídas as exencións e bonificacións) ESTATUTOS DO CONSORCIO PARA A PROMOCIÓN DA MÚSICA Primeiro. O acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 13 de outubro de 2005, modificado polo de 27 de outubro de 2005, dispón a participación da Xunta de Galicia no consorcio e designa aos seus representantes. Segundo. O Pleno do Concello da Coruña, con data 16 de xaneiro de 2006 aprobou definitivamente a modificación dos estatuos do consorcio. Terceiro. A xunta directiva da Asociación Amigos da Ópera da Coruña, con data 3 de febreiro de 2006 aprobou a modificación dos estatutos do consorcio. Cuarto. O presidente do consorcio remitiu á Xunta de Galicia para a súa publicación no DOG certificación dos acordos do Concello da Coruña e da Asociación Amigos da Ópera da Coruña da aprobación definitiva dos estatutos xunto cunha copia certificada dos mesmos.O artigo 1 do Capítulo I indica que o Concello da Coruña e Amigos da Ópera constitúen un consorcio para o cumprimento dos fins que se establecen nos estatutos. Normativa: Orde do 3 de marzo do 2006 pola que se dispón a publicación da modificación dos estatutos do Consorcio para a Promoción da Música, publicada no DOG nº 47 do 8 de marzo de 2006. ÓRGANOS DE GOBERNO DO CONSORCIO Presidente: Xulio Xosé Ferreiro Baamonde. Vicepresidente: Román Rodríguez González. Xerente: Andrés Lacasa Nikiforov ÓRGANOS DE XESTIÓN DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA E DO FESTIVAL DE MOZART Presidente: Carlos Negreira Souto Director: Dima Slobodeniouk

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión