Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

convocatoria para a mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade en edificios de vivendas

Ano:

2020

Tipo:

En concurrencia

Inscricións:

Dende o 16/12/2020 ata o 15/02/2021

Fecha de publicación:

15 de decembro de 2020

Prazo de presentación:

As solicitudes de subvención poderán presentarse a partir do 16 de decembro de 2020 e o último día de presentación será o 15 de febreiro de 2021

Obxecto:

O financiamento das obras de conservación e rehabilitación de edificios de vivendas descritas nos epígrafes 1, 2.a, 2.b e 2.c do artigo 7 da Ordenanza Municipal Reguladora, a condición de que se xustifique adecuadamente alcanzar os obxectivos mínimos establecidos para cada unha delas:

A quen vai dirixido?:

Quen cumpra os requisitos establecidos no artigo 4º da Ordenanza municipal reguladora, e non se atopen en ningunha das circunstancias previstas nos artigos 13.2 da Lei 38/2003 Xeneral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia, debendo estar ao corrente, durante todo o período que dure a tramitación do procedemento, do cumprimento das súas obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social, nos termos expresados nos artigos 18 e 19 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e sen ter débedas ou sancións de natureza tributaria co Concello da Coruña.

Remuneración / Dotación:

Ao financiamento destas axudas destinaranse 2.650.000,00 €, con cargo ás aplicacións orzamentarias 30.1522.78001 e 30.1522.78004 do orzamento municipal do ano 2021, e condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión, coa seguinte repartición:

30.1522.78001Subvencións de rehabilitación de vivendas1.200.000,00 €
30.1522.78004Subvencións de accesibilidade1.450.000,00 €

O importe máximo das axudas establecerase segundo o establecido no artigo 8º da Ordenanza Municipal Reguladora.

Abono:

O prazo para presentar a documentación xustificativa da execución e abono das obras é de 15 días hábiles a contar desde a finalización da obra obxecto da subvención, fixada na resolución de concesión da subvención.

Resolución:

Convocatoria-galego.pdf (566 KB)

Bases da convocatoria:

ORDENANZA%20SUBVENCIONES%20AYTO%20CORUNA.pdf (338 KB)

Documentos:

Modelos 01 a 06 (329 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión