Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Licenza de cambio de uso

En que consiste?:

Cambiar o uso de:
  • local a vivenda
  • vivenda a local

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Solicitude xeral, que se facilita e presenta na propia Oficina de Información e Rexistro da área de Urbanismo.
  • Abono do depósito previo da taxa (ordenanza fiscal municipal nº 3) e, unha vez concedida a licenza, abono do ICIO (4% do orzamento) (ordenanza fiscal municipal nº17).
  • Plano de situación da cartografía municipal, marcando a parcela ou casa (facilitaráselle na Oficina de Información e Rexistro da área de Urbanismo).
  • Proxecto ou certificación de arquitecto (segundo casos). O proxecto comprenderá a obra para realizar. Se se presenta certificación porque non se vai a levar a cabo obra, deberá presentarse copia da licenza de obra da transformación xa operada.

Internet

Teléfono

Máis información:

  • A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo, en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
  • Xunto ao modelo de solicitude tipo pódese formular solicitude na que se reflictan todos os extremos do solicitado de tipo personalizado, á marxe do modelo municipal.

  • Nos casos en que se cambie o uso de local a vivenda, deberá solicitarse ao concluír licenza de primeira ocupación, achegando o certificado final de obra cando cumpra.

  • Se a conversión é a local con actividade prevista presentarase ao tempo solicitude de licenza de actividade.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión