Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de decembro de 2019

O concello poñerá en marcha o operador municipal de enerxía e modificará o PXOM para garantir a natureza pública dos solos da Solana

O Goberno local acorda con Marea Atlàntica impulsar a modificación do regulamento para facer efectiva a gratuidade do ensino o de 0 a 3 anos nas escolas públicas municipais

O Concello iniciará no primeiro trimestre do ano 2020 os trámites para constituír o operador municipal de enerxía a través da empresa Emalcsa. Así o anunciou o portavoz do Goberno local e concelleiro de Facenda, José Manuel Lage, tras o desenvolvemento esta mañá da segunda comisión de seguimento dos acordos asinados con Marea Atlántica ao comezo do mandato co obxectivo de seguir avanzado nunha maioría de progreso. O portavoz municipal explicou que o proxecto se levará a cabo en distintas fases ao longo do próximos tres anos.

Outro dos acordos alcanzados nesta segunda reunión foi o de iniciar os trámites necesarios para lograr a gratuidade do ensino de 0 a 3 anos nas escolas públicas municipais. A intención dos dous grupos é a de crear no próximos tres meses unha mesa de traballo co fin de modificar o regulamento de funcionamento dos centros municipais. Un paso indispensable, sinalou José Manuel Lage, para poder facer efectiva a gratuidade a partir do curso 2020-2021. Para iso, incluirase unha partida orzamentaria no documento de 2020. Esta medida, dixo, supón unha aposta clara do Goberno polas políticas de benestar social, educación e conciliación.

A modificación puntual do PXOM para garantir a natureza pública dos terreos da Solana foi outro dos asuntos tratados. O Goberno local levará a pleno da Corporación municipal, no primeiro trimestre do ano, este cambio no planeamento urbano, unha vez que se solucionen unha serie de trámites que están pendentes de seren resoltos por outras administracións.

Goberno e Marea Atlántica tamén comparten a necesidade de introducir fórmulas que permitan bonificar na tarifa do billete do bus urbano aos menores de 25 anos e aos maiores de 65. O goberno, sinalou o voceiro, traballa para poder "facer viables" estas reducións con diálogo e tamén agardando a resolución dos conflitos xudiciais.

E, por último, o Goberno local impulsará a creación dunha mesa técnica de traballo para cumprir os acordos relativos ao Ofimático. Unha mesa na que tamén se sentarán as persoas afectadas para buscar solucións efectivas a unha grave problemática. O portavoz invitou ao resto de grupos políticos a participaren nesta mesa e buscar entre todas e todos unha solución que, recoñeceu, non é fácil. "O Goberno ten a clara vontade de axudar as persoas afectadas sempre dentro do marco da legalidade", explicou Lage.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión