Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de mayo de 2021

O Concello prorroga a instrución das terrazas tras o fin do estado de alarma e incorpora novas medidas para axudar a hostalería

A alcaldesa anunciou que o obxectivo desta medida temporal é “apoiar a hostalería á vez que se favorece a mobilidade peonil nas beirarrúas”

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, anunciou hoxe a prórroga das medidas extraordinarias de flexibilización para a instalación de terrazas do sector hostaleiro co fin de axudarlle a paliar a crise derivada da pandemia. Esta semana asinouse unha nova instrución para a instalación de terrazas no espazo público durante a situación de emerxencia sanitaria. Manteranse, polo tanto, as medidas adoptadas polo Goberno local para que o sector poida cumprir coa normativa sanitaria que garanta a distancia interpersoal e que permita que os negocios de hostalería desenvolvan a súa actividade de cara ao período estival. Ademais, esta instrución contempla unha novidade con respecto ás anteriores ditadas polo Executivo local, en concreto todos aqueles negocios de hostalería que dispoñan na súa fachada dunha beirarrúa de máis de 2,5 metros de ancho poderán optar pola colocación da súa terraza, ou ben na propia beirarrúa ou ben nas prazas de estacionamento que coincidan coa fronte do local. Na anterior instrución os locais que tiñan unha beirarrúa de como mínimo 2,5 metros non podían utilizar as prazas de estacionamento. Deste xeito, o Goberno local trata de favorecer a mobilidade peonil pola beirarrúa (que non contaría xa con terrazas de optar o establecemento por situala no espazo de aparcamento), sen prexuízo para a actividade hostaleira.

As e os hostaleiros poderán elixir a opción máis óptima tanto para os seus negocios como para a veciñanza. Rey sinalou que o obxectivo desta nova medida é "apoiar a hostalería á vez que se favorece a mobilidade peonil nas beirarrúas".

A alcaldesa lembrou moitas das medidas que o Goberno local tivo que adoptar durante o confinamento para favorecer as distancias na rúa e lograr que a poboación se sentise segura fóra dos seus fogares: "Unha delas foi a flexibilización da normativa para a instalación de terrazas, cuxa instrución se modificou no mes de xaneiro incluíndo a posibilidade de colocar terrazas de forma lonxitudinal e incluso amplialas até as zonas de estacionamento". A rexedora recoñeceu que aquela modificación realizouse baixo un estado de alarma e que "hoxe, conscientes de que aínda que non exista o estado de alarma a evolución pandémica provocada pola Covid-19 non rematou, debemos seguir apoiando o sector da hostalería que se atopa nunha situación especial debido ás restricións que todas e todos coñecemos".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión