Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de diciembre de 2020

O Goberno municipal amplía por segunda vez o límite dos bonos PRESCO para impulsar a campaña de Nadal no pequeno comercio

Os establecementos culturais poderán percibir ata 15.000 euros en axudas do Concello e os pequenos negocios ata 10.000 euros

O pequeno comercio local e os establecementos culturais da cidade contarán desde o xoves cunha nova ampliación do límite da achega municipal aos plans de bonos PRESCO. "Moitos autónomos e micropemes teñen consumido xa todas as axudas aprobadas e non poden seguir a aplicar os descontos dos bonos, con esta ampliación queremos darlle un pulo ao pequeno comercio tamén durante a campaña de Nadal para axudar, dentro das nosas posibilidades, á recuperación económica do tecido produtivo", indicou o concelleiro de Economía, José Manuel Lage Tuñas. "A nosa alcaldesa, Inés Rey, pediunos un esforzo, tamén no económico, para contribuír á reactivación económica da Coruña, e iso é o que estamos a facer", explicou o edil.

A ampliación do límite aprobarase mañá en Xunta de Goberno Local é a segunda desde a posta en marcha do PRESCO o pasado mes de xullo. Inicialmente o pequeno comercio tiña asignado un máximo de 3.000 euros a percibir, vía bonos, por cada establecemento, chegando aos 5.000 euros no caso das pequenas empresas culturais.

O bo funcionamento do plan fixo que ata 27 negocios chegaran xa a ese límite nunhas semanas, polo que o Goberno municipal dobrou nun primeiro momento esas contías. A ampliación aprobada hoxe é a segunda e permitirá que cada comercio reciba ata 10.000 euros en forma de bonos, chegando aos 15.000 para as pequenas empresas do sector cultural.

Son 959 os negocios adheridos aos plans de bonos para incentivar o consumo desde a posta en marcha do PRESCO. En total, hai 45.124 usuarios que se teñen descargado bonos de distinto tipo. Os bonos ofrecen tamén uns descontos maiores dos inicialmente deseñados.

En cultura, os cidadáns aforran ata un 50% do valor da compra (para compras superiores a 10 euros) ata un máximo de 60 euros por persoa. Así, por unha compra de 120 euros, o Concello cubriría a metade desa cantidade e o usuario dos bonos pagaría só a outra metade.

En pequeno comercio a cantidade máxima por persoa é de 30 euros. A rebaixa en cada compra chega a un máximo de 15 euros e os descontos aplícanse en compras mínimas de 30 euros. Por un produto de 30 euros, o consumir aboa 15 euros e o Concello o resto.

En hostalaría tamén se chega ao 50% de desconto. Os cidadáns dipoñen de ata 15 euros en bonos de hostalaría. A compra mínima é de 10 euros e o Concello sufraga ata 5 euros por cada compra.

O Goberno municipal decidiu tamén estender a vixencia do plan de bonos, que nun primeiro momento ía rematar en novembro, pero que finalmente estará activo ata o 31 de decembro. "Nun momento coma este consideramos esencial manter ata o último día do prazo legal as medidas de respaldo económico. O Goberno de Inés Rey ten como obxectivo que o tecido produtivo desta cidade saia deste crise da mellor maneira posible", indicou o concelleiro e portavoz do Goberno local.

O PRESCO, cuxa vixencia remata o 31 de decembro, supuxo a mobilización de 13,2 millóns de euros en distintas liñas de axudas. Aínda que o plan remata este mes, os pagos aos solicitantes das axudas directas continuarán a producirse durante o arranque do 2021. Máis de 2.500 autónomos, micropemes, artistas e profesionais de distintos ámbitos teñen percibido xa fondos municipais para a reactivación económicos procedentes das distintas liñas do plan.

"O Concello da Coruña é a única Administración nesta cidade que ten habilitado recursos para axudar a quen estivo pechado, e a única Administración que ten aboado incentivos para estimular á reactivación do tecido produtivo", indicou Lage Tuñas.

Un pequeno comercio do sector cultural pode chegar a percibir ata 15.000 euros en bonos e 6.000 máis, como máximo, en axudas directas. Así, un único establecemento podería chegar a ingresar ata 21.000 euros de fondos municipais para a reactivación económica. O Concello da Coruña é, así, o concello galego que máis recursos destina á facer fronte aos efectos económicos da pandemia e o que maior contías abona aos afectados polos peches e restricións da pandemia. A Coruña tamén é a única das grandes cidades españolas na que se están a aboar axudas (por un importe medio de 2.100 euros) á totalidade de autónomos e micropemes que as solicitan e cumpran o requisitos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión