Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de enero de 2021

Os bonos PRESCO mobilizaron vendas na cidade por valor de 3,6 millóns de euros

Autorizáronse axudas directas a autónomos e pequenas empresas por valor de 5,1 millóns de euros. O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, presentou hoxe o balance de execución do PRESCO que se salda con preto de 11 millóns de investimento e unha porcentaxe de execución do 82%.

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, presentou hoxe en comisión o balance de execución do Plan de reactivación económica e social da cidade, PRESCO, e destacou que o programa se salda cun 82% de execución e cun investimento de 10,7 millóns de euros.

O concelleiro destacou os aspectos que mellor funcionaron do plan e sinalou entre estes os Bonos PRESCO, xa que conseguiron mobilizar en cinco meses vendas no pequeno comercio da cidade por valor de 3.599.544 euros a pesar das restricións á hostalería e ao peche dun mes dos locais de restauración. "Os bonos permitiron facer descontos de 1.153.073 euros no comercio local, en produtos culturais e na hostalería e beneficiaron a máis de 57.200 cidadáns e cidadás rexistrados/as na campaña", dixo.

Lage sinalou tamén a boa acollida das liñas de axudas aos pagos da seguridade social e alugueiros de autónomos e pequenos empresarios que foron as que máis se solicitaron e resaltou que o Goberno ten autorizadas neste momento 3.723 axudas por valor de 5.150.077 millóns de euros.

O concelleiro explicou tamén o 48% de execución da liña social e informou de que os fondos extraordinarios consignados no PRESCO para emerxencia social non foron necesarios "xa que se conseguiu dar resposta ao 100% das demandas sen recorrer a eses fondos extra".

"Os datos constatan que a iniciativa da alcaldesa, Inés Rey, de ser a primeira cidade de Galicia en poñer en marcha un plan de reactivación foi un acerto, unha grande aprendizaxe sobre as necesidades reais da cidade e unha guía para a posta en marcha de novas liñas de actuación para afrontar a recuperación da cidade en 2021", en palabras do voceiro do Goberno.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión