Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Programa de Lecer primavera 2020 (Centro Ágora)

Programa de Lecer primavera 2020 no Centro Ágora

Cuándo:

Desde el 13/01/2020 hasta el 31/01/2020

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

30,00 € por obradoiro (maiores de 65 anos: 21,00 €)

* Excepto o obradoiro "Coruña en familia": 20,00 € por participante (Bono Familiar de 50,00 € para 3 persoas, unha adulta e dúas menores ou dúas adultas e unha menor).

Organizador:

IMCE

Documentos:

Dossier Lecer Primavera 2020 (1 MB)

Listado adxudicación prazas Agora (152 KB)

INSCRICIÓN DE CONTINUIDADE:

Para as persoas que asistiron nas sesións do outono ao mesmo obradoiro que desexan inscribirse, cun mínimo do 50% da súa duración. Os días 13, 14 e 15 de xaneiro na conserxaría do Centro Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Formalizarán a súa inscrición no momento de aboaren en efectivo a cota correspondente.

PREINSCRICIÓN PARA NOVOS OBRADOIROS E PARA AS PRAZAS VACANTES DOS OBRADOIROS DE CONTINUIDADE: Presencial: os días 13, 14 e 15 de xaneiro, na conserxaría do Centro Ágora, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, ou Por vía telemática: na páxina www.coruna.gal/cultura dende ás 9.00 h do día 13 até as 20.00 h do día 15 de xaneiro.

Neste caso, será recomendable gardar unha copia dixital da inscrición co fin de corrixir os erros que se puideren producir. É importante escoller só unha das dúas opcións, xa que, no caso de ter preinscricións duplicadas, se anularán.

Cada persoa solicitante poderá solicitar ata catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

SORTEO PÚBLICO: O xoves 16 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxaría do Centro Ágora.

As 9.00 h publicarase o número de prazas vacantes nos obradoiros de continuidade e as prazas dos novos obradoiros obxecto do sorteo.

Adxudicación do núm. de preinscrición para o sorteo:

  • Na preinscrición presencial, adxudicaráselle directamente a cada solicitude.

Na preinscrición telemática, adxudicarase ao remate de cada unha das franxas horarias presenciais. Non se enviará o número de sorteo por correo electrónico. Ás 9.00 h do 16 de xaneiro, publicarase a listaxe das preinscricións telemáticas co seu número de sorteo xunto co DNI facilitado. 

Ágora. Adxudicación números online

* NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO 568

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

A partir do número extraído no sorteo, asignaranse as prazas dispoñibles en cada obradoiro. Outorgaráselle ao maior número de persoas, cando menos, un obradoiro.As listaxes das prazas adxudicadas de cada obradoiro publicaranse o luns 20 de xaneiro, a partir das 9.00 h, no Centro Ágora, na web www.coruna.gal/cultura e no servizo telefónico 010. 

  • ABONO DOS OBRADOIROS:

Os días 20, 21 e 22 de xaneiro na conserxaría do Centro Ágora, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polas persoas agraciadas no sorteo, que deberán pagar en efectivo o importe do obradoiro correspondente. As prazas non aboadas durante estes días adxudicaránselles ás persoas en listaxe de agarda. 

  • LISTAXES DE AGARDA:

As persoas en listaxes de agarda dun obradoiro terán preferencia en ocuparen as prazas non pagadas de cada obradoiro, que serán adxudicadas pola orde do sorteo. E terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza na primeira adxudicación.

  • O 27 de xaneiro contactaremos vía telefónica coas persoas que estean nas listaxes de agarda, para saber se continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Realizaranse tres intentos de contacto a diferentes horas; de non conseguir a comunicación pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda. As persoas interesadas formalizarán a súa inscrición o 28 de xaneiro, aboando en efectivo a cota correspondente, nos horarios indicados anteriormente.

Realizaremos unha segunda rolda de chamadas o 29 de xaneiro e as persoas interesadas formalizarán a súa inscrición o 30 de xaneiro, aboando en efectivo a cota correspondente, nos horarios indicados anteriormente. 

PRAZAS VACANTES:

A partir do 31 de xaneiro poranse a disposición do público en xeral as prazas vacantes, nas que poderán inscribirse e pagar en efectivo, nos horarios indicados anteriormente.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión