Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Que facer no caso de que a persoa condutora do bus rompa a tarxeta ao pasala

A Tarxeta Coruña Millennium permítelle pagar nos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.

O pago á Compañía de tranvías realízase co diñeiro que vostede teña cargado no moedeiro de transportes.

Cando suba ao autobús, simplemente colla a tarxeta na man e aproxímea ao lector onde figura a imaxe da tarxeta ata tocar o lector esperando a que o lector o/a avise cun son ou asubío de que a transacción se realizou.

No caso que non se lea ben a tarxeta, entrégalla á persoa condutora para que esta a pase, nese momento se a esa persoa condutora se lle rompese a tarxeta pode optar por:

1- Déixalle a tarxeta ao/á condutor/a para que dea aviso á Compañía de Tranvías e se lle poida entregar unha tarxeta nova, sen ningún custo en calquera das nosas oficinas da Tarxeta Millennium.

2- Pídelle ao/á condutor/a que lle tome os seus datos para que dea aviso á Compañía de Tranvías, e coa tarxeta rota achégase a un dos nosos puntos de Millennium para poder ter unha nova tarxeta sen ningún custo.

Con estes simples pasos para elixir, entregaríaselle completamente gratuíta unha nova Tarxeta Millennium, para que poida seguir gozando de todas as súas vantaxes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión