Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de julio de 2020

Rey fala dunha veciñanza “de primeira” que soubo estar á altura durante o estado de alarma

A alcaldesa participou na entrega de premios Atresmedia #graciasporcuidarnos, en que se distinguiu a cidade da Coruña polo seu comportamento no confinamento

O Teatro Rosalía acolleu esta tarde a celebración dos premios Atresmedia #graciasporcuidarnos, en que a emisora Onda Cero distinguiu a cidade da Coruña polo seu comportamento durante o estado de alarma. A alcaldesa, Inés Rey, falou en nome da veciñanza para asegurar que a cidade estivo á altura e que foi solidaria, responsable e amable coas persoas que máis o necesitaron. A rexedora sinalou que aínda que os números semellan mellores, nesta nova situación "mantelos depende unicamente de nós e da nosa responsabilidade". Deste xeito, valorou moi positivamente a adaptación das e dos pequenos cando tocou confinarse na casa: "Agárranse á vida porque están cheos dela".

Tamén se lembrou das persoas maiores, "vítimas deste virus até o de agora descoñecido. Non o merecían máis aínda se cabe por pertenceren a unha xeración en que as cousas non lles viñeron dadas. Loitaron desde ben novos por buscárense o pan nunha época que non entendía de luxos". Rey afirmou que se hoxe podemos desfrutar das e dos maiores que superaron a enfermidade foi pola xente que non parou, "que lle roubou horas ao día para nos curar e salvar".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión