Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizos especiais con motivo das Festas María Pita 2019

Cando:

Dende o 01/08/2019 ata o 16/08/2019

Xa rematou

Enderezo:

Rúa Panaderas 10.

Servizos especiais con motivo das Festas María Pita 2019

Concertos na praza de María Pita: os días 1, 2, 3 e 4 de agosto á finalización dos concertos, prevista para as 00:30 horas, dispoñerase un dispositivo especial con saídas desde Porta Real, que consista en:

- Unha liña identificada como 1 que dea cobertura ás zonas da Palloza, Gaiteira, Os Castros, Castrillón e Avda. de Monelos.

- Unha liña identificada como 1A para as zonas de Catro Camiños, Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.

- Unha liña identificada como 3A que dea servizo ás zonas de Labañou e Os Rosales.

- Unha liña identificada como 6 que sairá de Porta Real e entra por Juana de Vega á praza de Pontevedra, Avda. de Fisterra, Ventorrillo e Meicende.

- Unha liña identificada como 7 que sairá de Porta Real e entra por Juana de Vega para dar servizo ás zonas de Peruleiro, Rolda de Outeiro, Ventorrillo e Vila de Negreira.

- Unha liña identificada como 11 que sairá de Porta Real e entra por Juana de Vega, praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla y Cancela para dar servizo á zona dos Mallos.

- Unha liña identificada como 21 para dar cobertura a Ramón y Cajal, Pablo Picasso, Birloque e Novo Mesoiro.

A partir das 01:30 horas entrarán en servizo os dous bufos, un no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - Birloque, e outro no inverso: Os Castros - Castrillón - Monelos - Eirís.

Noroeste Pop Rock:

- Os días 6, 7, e 8 de agosto realizaranse concertos en diversos escenarios. Como consecuencia poñeranse en servizo dous bufos, un no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - Birloque, e outro no inverso: Os Castros - Castrillón - Monelos - Eirís, o primeiro sairá ás 23:30 horas e o último ás 01:30 horas.

- Os días 9 e 10 os concertos realizaranse na praia de Riazor. Por tal motivo poñeranse en servizo dous bufos, un no sentido de circulación habitual: Labañou - Rolda de Outeiro - Birloque, e outro no inverso: Os Castros - Castrillón - Monelos - Eirís. O primeiro sairá ás 23:30 horas e o último ás 5:00 horas. Así mesmo, instalarase unha parada provisional no Paseo Marítimo á altura da coiraza, antes da intersección con Modesta Goicouría.

Batalla Naval:

- O día 14 con motivo da realización da Batalla Naval poñerase o servizo nocturno cun intervalo de 15 minutos. O primeiro sairá ás 23:30 horas. A partir das 1:30 horas quedarán dous buses en servizo cunha frecuencia de 30 minutos. A última saída será ás 5:00 horas.

#MaríaPita 2019

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión