Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Uso da tarxeta para pagar na compañía de tranvías

A Tarxeta Coruña Millennium permítelle pagar nos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.

O pago á Compañía de tranvías realízase cos cartos que vostede teña cargados no moedeiro de transportes. Consulte a sección "Como cargo a tarxeta?" para máis información sobre como cargar a tarxeta.

Cando suba ao autobús, simplemente colla a tarxeta na man e aproxímea ao lector onde figura a imaxe da tarxeta ata tocar o lector esperando a que o lector o/a avise cun son de que a transacción se realizou.

Coa Tarxeta Coruña Millennium vostede gozará de importantes descontos no pago do autobús.

Unha vez que se realiza a operación visualízase na pantalla do lector o saldo restante e ilumínase a luz verde. Se se produce calquera problema (por exemplo por retirar a tarxeta antes de que se completase a operación ou se o seu saldo non fose suficiente) iluminarase a luz vermella do lector, lembre que pode realizar transbordos entre autobuses en prazos inferiores a 45 minutos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión