Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xaneiro de 2020

Yoya Neira entrega o premio nacional “Educando en Igualdade” ao colexio coruñés Calasanz Escolapio

O galardón é unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición e ten como obxectivo consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores sobre os que se asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, entregou esta mañá o premio nacional Educando en Igualdade, baixo o lema "Ama en igualdade. Di non á violencia de Xénero", ao alumnado do curso 6ºB do colexio Calasanz Escolapios da Coruña polo seu vídeo "Ocultas".

O galardón, unha iniciativa de UGT que xa vai pola súa quinta edición, ten como obxectivos consolidar no alumnado a aprendizaxe dos valores sobre os que se asenta o principio de igualdade entre mulleres e homes, contribuír á creación de referentes positivos de relación afectiva que posibilite a prevención da violencia de xénero, cooperar ao logro das competencias básicas, especialmente daquelas relacionadas coa comunicación, a autonomía persoal, etc. e superar os estereotipos existentes sobre a violencia.

O segundo premio otorgouse ao IES Cuenca Minera de Huelva, Andalucía, e o terceiro recaeu no CEIP Rajoletes, na localidade valenciana de Sant Joan d´Alacant.os

Nesta ligazón pode visionarse a peza audiovisual que gañou o primeiro premio: https://www.fespugt.es/sectores/ensenanza/noticias/26342-fallado-el-v-concurso-de-audiovisuales-ama-en-igualdad-di-no-a-la-violencia-de-genero

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión