Concello da Coruña

Concello da Coruña

Son ucraína/o e necesito información e axuda

  • Inicio
  • OMAPU
  • Son ucraína/o e necesito información e axuda

Son ucraína/o e necesito información e axuda

Se vostede é nacional de Ucraína e chega á cidade da Coruña:

  • Debe solicitar a Protección Temporal, do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións en todo caso.
  • Debe solicitar o Programa de Acollida do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, se necesita aloxamento e outras axudas.

Que é a protección temporal?

É un procedemento de carácter excepcional polo que se garante ás persoas desprazadas protección inmediata e de carácter temporal.

Como e onde a solicito?

Deberá acudir, con cita previa, á comisaría da Policía Nacional da Coruña, sita na avenida do Porto s/n e presentar a documentación acreditativa.

Que levo á cita?

  • Documentos de identidade e de viaxe: pasaporte orixinal e copia (tamén de cada páxina onde figuren selos, prórrogas, visados...),
  • Documentos probatorios dos vencellos familiares: certificados de matrimonio, nacemento, libro de familia etc... todo documento que poida acreditar o vínculo familiar. Documentos orixinais e copias.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Enderezo de correo electrónico ao que teñan acceso, número de teléfono de contacto en España e un domicilio.

Que me permite a protección temporal?

A resolución de concesión leva unha autorización de residencia e traballo por un ano (prorrogable) e a solicitar as axudas do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Que podo facer no caso de carecer de recursos económicos?

As persoas beneficiarias de protección temporal e os membros da súa familia poderán solicitar acceder ao sistema de acollida do programa de Protección Internacional do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións; que na cidade da Coruña é xestionada pola entidade ACCEM.

Información de ACCEM

Páxina web: www.accem.es

Oficina.: Rúa Víctor López Seoane, 3-5 Baixo. 15007 A Coruña

Teléfono: no número 881 06 98 02 (de luns a xoves de 09.00 a 17.00 horas e os venres de 9 a 14 horas) ou no 673 31 98 50 (de luns a venres de 09.00 a 23.00 horas e sabados, domingos e festivos de 09.00 a 21.00 horas)

Dirección electrónica.: scifuentesb@accem.es; sgarridon@accem.es

Máis información na páxina:

https://www.inclusion.gob.es/ucrania/acogida/index.htm

Cal é a Normativa de aplicación?

Información para desprazados/as ucraínos/as en España

Toda a información a respecto da protección temporal

Teléfonos de emerxencias:

  • O número de teléfono de emerxencias en España é o 112
  • O número de teléfono da policía nacional é o 091
  • O número de teléfono da policía local é o 092
  • O número teléfono para vítimas de Violencia de Xénero é o 016

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión