Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Trámite

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cartón para estacionamento en lugares reservados para persoas con diversidade funcional

En que consiste?:

Cartón que permite estacionar ao seu titular, con calquera vehículo, nos espazos habilitados para o efecto e debidamente sinalizados horizontal e vertical.

Onde se fai?:

SOLICITUDE POR PRIMEIRA VEZ Ou RENOVACIÓN

Rexistros Municipais:

María Pita , C/ Franxa ( obter Carta de Pago Taxas/ Prezos Públicos e Caixa Municipal), Ágora, Urbanismo, Mesoiro ou Oficinas de Rehabilitación na Estación de Autobuses ou Sede electrónica.

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS

  • Estar empadroado no Concello da Coruña.
  • Ter recoñecidas dificultades de mobilidade que impidan o uso do transporte público colectivo ou unha discapacidade visual que implique un grao das limitacións na actividade igual ou superior ao 75%.

    DOCUMENTACIÓN

    • Impreso de solicitude.
    • 2 fotografías tamaño carné recentes e orixinais.
    • DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan do mesmo, achegarase DNI da nai, do pai ou do titor legal.
    • Certificado do grao de discapacidade no que conste que ten recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público, expedido polos Equipos de Valoración e Orientación - EVO.

    RENOVACIÓN

    É necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral Municipal ou Sede electrónica achegando 2 fotografias recentes e orixinais. A valoracion da discapacidade, se a anterior non era definitiva.

      RECOLLIDA DO CARTÓN

      Unha vez que o interesado recibe no seu domicilio a notificación da concesión do cartón, pode pasar a recollela na Sección de Circulación situada na planta baixa da Estación de Autobuses, Cale Cabaleiros nº 21 (Estación de Autobuses) achegando a seguinte documentación:

      • DNI do titular.(orixinal)
      • Notificación da concesión.
      • Cartón anterior (no suposto de renovación).

      O cartón só pode ser retirada de maneira presencial polo titular.

      EXPEDICIÓN DE DUPLICADO POR DETERIORACIÓN, PERDA Ou ROUBO

      A citada documentación débese presentar nas oficinas do Rexistro da área Económica Municipal.

      BAIXA DO CARTÓN

      VIXENCIA DO CARTÓN

      Vén determinada polo Certificado de Discapacidade

      • Certificado Definitivo: o cartón ten unha validez de 10 anos, ao termo dos cales hai que renovala.
      • Certificado Provisional: a validez do cartón é a mesma que a do certificado de discapacidade. Para renovala deberá presentar un novo certificado de discapacidade.
      • O cartón ten validez en todos os países da Comunidade Económica Europea.

      Internet

      Teléfono

      Máis información:

      LUGARES RESERVADOS PARA ESTACIONAR AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

      DISTRITRO 1

      Zona Pescaría - Cidade Vella

      DISTRITO 2

      Zona Monte Alto

      DISTRITO 3

      Zona Ensanche

      Zona Falperra

      DISTRITO 4:

      Zona Os Mallos

      Zona Sagrada Familia

      Zona Santa Margarida

      DISTRITO 5:

      Zona Cidade Xardín

      Zona Labañou

      Zona Os Rosales

      Zona Riazor

      Zona San Pedro de Visma

      DISTRITO 6:

      Zona Agra do Orzán

      DISTRITO 7:

      Zona Barrio das Flores

      Zona Castrillón

      Zona Os Castros

      Zona Elviña

      Zona Gaiteira

      Zona Lonzas

      Zona Matogrande

      Zona Monelos

      Zona Someso

      DISTRITO 8:

      Zona Eirís

      Zona As Xubias

      DISTRITO 10:

      Zona A Grela

      Zona O Martinete

      Zona Ventorrillo

      TITULARIDADE: Unidade de Circulación

      Que che parece esta sección?

      -101-101-101

      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

      Iniciar sesión