Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Trámite

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Contratos menores (anuncios de licitación)

En que consiste?:

O obxectivo é promover a concorrencia de ofertas para a adxudicación de contratos menores de execución de obras ou proxectos de urbanización promovidos directamentre desde a área de Urbanismo, así como os contratos de servizos para a dirección de obras.

Presencial

Que se necesita?:

A tramitación deste tipo de contratos promovidos desde a área de Urbanismo, leva a cabo directamente polos órganos xestores da área.

A pesar de que non é obrigatoria para a tramitación destes expedientes a publicación de anuncio de licitación en ningún boletín ou diario oficial, nin sequera no perfil do contratante do órgano de contratación, comezaranse a anunciar a través desta páxina web de Urbanismo os contratos menores que máis adiante se especifican.

Dita decisión foi tomada co ánimo de reforzar os principio xerais de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos e co ánimo de asegurar a selección da oferta economicamente máis vantaxosa.

Desta maneira a área de Urbanismo pretende dar publicidade e transparencia as licitacións dos seguintes contratos menores:

  • contratos de obras de importe comprendido entre 15.000 e 50.000 € (IVE excluído)
  • contratos de servizos para a dirección de obras de importe comprendido entre 6.000 e 18.000 € (IVE excluído)

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión