Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Trámite

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Expropiación Urbanística

En que consiste?:

O sistema de expropiación inclúese entre os sistemas de actuación directos e a administración actuante poderá utilizalo amparada en razóns de urxencia e necesidade.
A expropiación pode ser utilizada como sistema de actuación, como modo de obter sistemas xerais e locais e como forma de sanción por incumprimento de deberes urbanísticos.
A aprobación dos plans e a delimitación dos polígonos que se vaian a desenvolver polo sistema de expropiación implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

A quen vai dirixido?:

A través do mecanismo da expropiación forzosa a Administración pública obtén dotacións, que tras a súa urbanización pon ao servizo da colectividade en xeral.

O expediente xeralmente utilizado é o de taxación conxunta, debido a que a aprobación definitiva do mesmo implica a declaración de urxencia e lexitima para a ocupación dos bens e dereitos afectados, previo abono, ou ben consignación na Caixa Xeral de Depósitos da valoración municipal; con independencia da tramitación do expediente de justiprecio no Xurado de Expropiación.

O expediente de taxación conxunta ha de conter os seguintes documentos:

  • Delimitación do ámbito territorial con documentos que identifiquen a situación do ben, superficie e lindes, descrición de dereitos afectados e relación de titulares.
  • Fixación razoada de prezos, de conformidade coa súa clasificación urbanística.
  • Follas de justiprecio individualizado de cada leira co valor do chan, edificacións, obras, instalacións e plantacións se as houbese.
  • Follas de justiprecio que corresponden a outras indemnizacións, no seu caso.

Presencial

Que se necesita?:

O expediente xeralmente utilizado é o de taxación conxunta, debido a que a aprobación definitiva do mesmo implica a declaración de urxencia e lexitima para a ocupación dos bens e dereitos, abonando ou ben, consignando na Caixa Xeral de Depósitos a valoración municipal, independente da tramitación do expediente de justiprecio no Xurado Provincial de Expropiación.

O expediente de taxación conxunta ha de conter os seguintes documentos:
  • Delimitación do ámbito territorial con documentos que identifiquen a situación do ben, superficie e lindes, descrición de dereitos afectados e relación de titulares.
  • Fixación razoada de prezos, de conformidade coa súa clasificación urbanística.
  • Follas de justiprecio individualizado de cada leira co valor do chan, edificacións, obras, instalacións e plantacións se as houbese.
  • Follas de justiprecio que corresponden a outras indemnizacións.

Internet

Teléfono

Máis información:

  • O titular dun ben ou dereito afectado por expediente de expropiación ha de achegar a documentación xustificativa da titularidade, ou do dereito que ostente. Esta consiste en:
  1. No caso de propietario, escritura pública que xustifique a adquisición do ben expropiado, acompañada de certificación rexistral na que conste o ben inscrito ao seu favor, ou ben, no que conste que o ben non figura inscrito a nome de persoa física ou xurídica algunha.
  2. No caso de titular de dereito de arrendamento, ha de achegar: contrato de arrendamento, recibos de pago de renda do últimos cinco anos (1ó 2 mensualidades por ano); recibo de pago de subministracións (luz, auga, teléfono, gas...).
  3. En caso que o dereito non se xustifique debidamente, o importe da valoración consignarase na Caixa Xeral de Depósitos do Ministerio de Economía e Facenda. Dita consignación lexitima a esta Administración para ocupar o ben expropiado.
  • A documentación pode presentarse ademais de en a área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión