Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Trámite

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Matrimonio civil realizado no Palacio Municipal

En que consiste?:

É a celebración dun matrimonio civil no Concello da Coruña.

Onde se fai?:

Presencial

Que se necesita?:

Requisitos:

  • As solicitudes deberán presentarse como mínimo con quince días de antelación á celebración do matrimonio, achegando toda a documentación requirida para a tramitación do correspondente expediente. No momento de presentala os contraentes poderán consultar o calendario de datas e horas vacantes.

Documentación:

Unha vez que se coñeza o nome das testemuñas, maiores de idade, que han de intervir no acto (non hai padriños), facilitaránselle ao persoal funcionario os nomes e o DNI.

Unha vez finalizada a cerimonia, declarada a unión matrimonial por parte do Sr. Alcalde-presidente ou concelleiro/a delegado/a, contraentes e testemuñas asinarán a acta de matrimonio e entregaráselles un orixinal que deberán levar ao Rexistro Civil, no prazo máis breve posible, para a súa inscrición e expedición do Libro de Familia.

Internet

Teléfono

Máis información:

Lugar de realización, días e horarios:

Os enlaces terán lugar no Salón de Sesións, coa condición de que estea dispoñible todos os venres pola tarde e sábados pola mañá excepto cando sexan festivos.

Horario venres:

  • 1º matrimonio ás 19.30 h
  • 2º matrimonio ás 19.00 h
  • 3º matrimonio ás 18.30 h
  • 4º matrimonio ás 18.00 h

Horario sábado:

  • 1º matrimonio ás 13.00 h
  • 2º matrimonio ás 12.30 h
  • 3º matrimonio ás 12.00 h
  • 4º matrimonio ás 11.30 h

Normas:

Os enlaces realizaranse ante o Ilmo. Sr. Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.

Autorízase un máximo de 2 coches para poder circular polos soportais do Palacio Municipal ata a porta de acceso principal, ocupados exclusivamente polos contraentes. Non poderán estacionar na entrada durante a cerimonia.

Non se poderán lanzar dentro do Palacio Municipal arroz, pétalos ou outra materia, reservando as ditas accións, se así o desexan, para o momento da saída nos soportais.

As persoas contraentes e acompañantes subirán pola escaleira de honra á planta nobre, facilitaráselles información sobre as normas para seguir durante a celebración e a utilización de cámaras de vídeo ou fotográficas.

Normativa:

Decreto do 14 de novembro de 1958 polo que se aproba o Regulamento da Lei do rexistro civil, publicado no BOE núm. 296 do 11 de decembro de 1958.

Lei 20/2011, do 21 de xullo, do rexistro civil, publicada no BOE núm. 175 do 22 de xullo de 2011 (en vigor desde o 23 de xullo de 2014).

Instrución do 10 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre lugar de realización de matrimonios civís polos alcaldes, publicada no BOE núm. 39 do 14 de febreiro de 2013.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión