Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de abril de 2024

Xa están á venda as entradas para a undécima edición do espectáculo, organizado pola Asociación Cultural Donaire coa colaboración do Concello da Coruña

O Teatro Colón acollerá o 8 de xuño o festival Dálle Donaire, que renderá homenaxe ás mulleres como transmisoras da música e dos bailes tradicionais

No festival recuperaranse as lembranzas e o legado folclórico que deixaron mulleres dos concellos galegos de Santa Comba, Salvaterra de Miño, Coristanco, Cerdedo, Lobios, Carballo, Padrón, Cuntis e Avión

O Teatro Colón acollerá o sábado 8 de xuño o festival Dálle Donaire, un espectáculo folclórico organizado pola Asociación Cultural Donaire coa colaboración do Concello, e que chega este ano á súa undécima edición.

A A.C. Donaire, con dúas décadas de percorrido tras de si, constituíuse no ano 2000. Desde entón, erixiuse como unha das agrupacións culturais de referencia na cidade á hora de visibilizar as músicas e os bailes tradicionais galegos, poñendo en valor o legado das anteriores xeracións e achegándoo ás coruñesas e coruñeses máis novos, un compromiso compartido polo Goberno de Inés Rey en materia de dinamización cultural.

Nesta edición, o festival Dálle Donaire homenaxeará a diversas mulleres que foron fundamentais á hora de transmitir o folclore tradicional galego. Por iso, na programación do espectáculo terán protagonismo as lembranzas e o patrimonio oral de figuras como Estrela, Evangelina e Preciosa de Negreira de Vilarmaior (Santa Comba), Palmira Garrido (Salvaterra de Miño), María Castro (Coristanco), Manuela Cortizo (Cerdedo), Julia Álvarez (Lobios), Gumersinda Rodríguez (Carballo), Balbina de Carcacía (Padrón) e tamén as pandereteiras de Magán (Cuntis) e as pandereteiras e bailadoras de Liñares (Avión).

A actuación terá lugar o día 8 de xuño ás 20.00 horas.

As entradas, xa á venda

Este martes habilitouse a venda de entradas para asistir ao XI festival Dálle Donaire, que están dispoñibles a través da páxina web de Ataquilla e tamén no despacho de billetes do IMCE na praza de Ourense. Tamén se poderán adquirir os pases no propio Teatro Colón, xa o día da actuación, sempre e cando haxa localidades baleiras.

O custo das entradas é de cinco euros. Haberá, iso si, descontos especiais para as persoas posuidoras do Carné Xove, aquelas que estean en situación de desemprego, as e os maiores de 65 anos e tamén familias numerosas, cos pases a catro euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión