Concello da Coruña

Concello da Coruña

Normas de uso

Normas de uso

O Concello da Coruña pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información propiedade ou xerados por esta Administración. Desta forma pode atopar dentro do portal web contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode vostede atopar neste portal web sectorial e a licenza de uso á que están sometidos:

TEXTOS

Os textos (excepto onde se indique o contrario) do portal web do Concello da Coruña están licenciados baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 2.5 España License .

Vostede é libre de:

  • Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
  • Facer obras derivadas

Baixo as condicións seguintes:

  • Recoñecemento. Débelle atribuír este traballo ao Concello da Coruña (con ligazón).
  • Non comercial. Non pode utilizar esta obra para fins comerciais.
  • Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.
  • Ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.
  • Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso da persoa titular dos dereitos de autor.
  • Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do/a autor/a.

OUTRO TIPO DE CONTIDOS

As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou a solicitude de licenza de uso ao Concello, excepto onde se indique o contrario.

Permisos máis aló do alcance desta licenza están dispoñibles a través desta páxina de petición de información.

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non se ven afectados polo anterior.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión