5 de abril de 2013
Completa o seu currículo como especialista en dietética, nutrición e alimentación deportiva. E si, tamén corre, e foi un dos valentes da primeira edición de Coruña42, conseguindo chegar por baixo de tres horas.
Eduardo Seoane é fisioterapeuta especializado en fisioterapia deportiva, osteopatía e miofascial. Foi fisioterapeuta do R.C. Deportivo da Coruña durante 3 temporadas. Na docencia desempeñou labores de profesor colaborador coa Universidade de León.
Cando nos formulamos a pregunta de “qué zapatilla merco” aparecen os eternos interrogantes, qué modelo, onde mercalo, cal é a idónea, etc.
Así como cando un xoga ao pádel se asesora e contrata un profesor; cando se empeza a nadar un monitor de natación, o corredor dá por feito que “sabe” correr e por suposto sabe adestrar... Ahhhhh! pero isto non é tan fácil.
Adquirir unha boa zapatilla é fundamental á hora de evitar lesións, pois unha correcta elección será primordial á hora de evitalas. As zapatillas non son máis ca un instrumento para levar a cabo unha técnica correcta; teñen que personalizarse o máximo posible, tipo de pisada, peso, ritmos aos que se corre, distancia, lesións padecidas, e un longo etc., e cartos? Cando é realmente cara unha zapatilla? Na miña opinión cando se garda e non se utilice, aí si!, non importa o que custase se se utiliza e fai a súa finalidade, que é conseguir o obxectivo sen lesionarse.
Actualmente son numerosos e cada vez máis os modelos e tipos que están no mercado:
Neutras, para pronador, supinador, zero-drop, barefoot, voadoras, minimalistas… moitos conceptos que lle dificultan a elección ao profesional e ao corredor para decantarse por unha ou outras, pero ao final como dicía Bill Bowerman (fundador de Nike e pioneiro en creación de zapatillas) “hai que buscar o mínimo peso co mantemento de todas as cualidades”.
Non debemos obcecarnos naquelas que lle vimos a Gebre, as que nos di un amigo, aquelas que lle foron ben a un do meu ximnasio, etc., porque ao final cada corredor leva as súas ou... Abebe Bikila gañou o maratón de Roma 60 e Tokio 64 correndo descalzo.
Con todo iso o ideal é acudir a un profesional que nos oriente a elixir a zapatilla adecuada para nós, aquela que nos dea a pisada o máis perfecta posible, aquela que sexa a máis eficiente e co mínimo risco lesivo e como din en F1: teñan coidado á hora de elixir o “pneumático” adecuado!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible