Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de abril de 2013

Coruña42, un evento seguro

Un dispositivo de máis de 300 persoas entre as que se atoparán membros da Policía Local, Corpo Nacional de Polícia, Corpo de Bombeiros, Protección Civil, Cruz Vermella e Voluntarios das asociacións deportivas da cidade velarán polo bo desenvolvemento da proba. Así mesmo, deseñouse un Plan de Mobilidade para garantir o transporte na cidade.

O tenente de alcalde da Área de Seguridade Cidadá, Julio Flores, a concelleira de Tráfico e Mobilidade, Begoña Freire, e o concelleiro de Educación, Francisco Mourelo, presentaron hoxe un dispositivo "sanitario, de seguridade e mobilidade" que se poñerá en marcha este domingo, 21 de abril, con motivo da realización do II Maratón Atlántica Coruña42. Neste participarán a Policía Local, Corpo Nacional de Polícia, Corpo de Bombeiros, Protección Civil,  Cruz Vermella e voluntarios das asociacións deportivas da cidade.

O  plan de tráfico e mobilidade abarcará oito horas dende as 07.30, unha hora antes do inicio da carreira ata as 15.00 horas. Todo o percorrido da proba, que comezará na Avenida de Montoto e terminará en María Pita estará cortado ao tráfico e coutado con valos. (Ver percorrido)

Por este motivo o Paseo Marítimo, que estará entre as glorietas de Monte Alto e Labañou e en sentido contrario só estará aberto dende Regidor Somoza cara a Juan Canalejo. Tampouco se poderá circular por San Andrés, dende Catro Camiños a Praza Ourense por Palloza, Primo de Rivera e Linares Rivas e entre a Praza de Ourense a única vía será Alférez Provisional.

Por outra banda, tanto Juan Flórez como a Ronda de Outeiro, Avenida de Finisterre e Ronda de Nelle permanecerán abertas.

Non obstante, dende a Concellería de Mobilidade aconséllase evitar na medida do posible o uso do vehículo particular entre as 08.00 e as 15.00 horas. En caso de empregalo, haberá varias alternativas de itinerario:

  • Cidade Vella e Monte Alto: Acceso por Alfonso Molina, Linares Rivas, Alférez Provisional e Paseo da Dársena. Saída por Alférez Provisional e Linares Rivas, carril contrario habilitado.
  • Zona centro, Ensanche: Acceso por Enrique Hervada, Castiñeiras e Federico Tapia; e por avenida de Finisterre e Juan Flórez. Saída por carril protexido dende a Praza de Ourense ata a avenida de Alfonso Molina ou avenida Primo de Rivera ata avenida do Exército.
  • Zona centro, Pescadería. Acceso por Monte Alto. Para a zona comprendida entre Rúa Nova e Rúa Alta – en Praza de Pontevedra, haberá pasos permeables, é dicir lentos, xa que atravesarán a carreira, que estarán en Fonseca con Juana de Vega, en San Andrés con Rúa Nova, en Cordelería con Rúa Alta e en Barrié de la Maza con Rúa Alta. Saída pola zona que linda con Monte Alto e Cidade Vella ata Rúa Nova. Cara a Juan Flórez só haberá un paso permeable en Praza de Pontevedra con Modesta Goicouría.

Ademais, a Concellería poñerá en marcha un dispositivo especial de autobuses para minimizar o impacto da proba no transporte colectivo, ao verse afectadas todas as liñas que discorren entre Monte Alto e Adormideras. Estas serán: 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 4, 5, 6, 6A, 7, 11, 17 e 23A. Entre os cambios máis significativos destacar que:

  • Todas as liñas que circulan pola Praza de Pontevedra cara a Monte Alto, desviaranse por Juan Flórez cara a San Pedro de Mezonzo.
  • Na zona de Catro Camiños habilitarase unha parada provisional para o transbordo de liñas e a articulación de buses lanzadeiras cada dez minutos cara a Adormideras e Monte Alto.
  • Estes buses serán identificados co rótulo “Servizo Especial Coruña42 Monte Alto-Catro Camiños”.
  • Habilitarase na zona de Entrejardines un espazo para albergar unha plataforma guindastre que permita atender unha incidencia de autobuses en Alférez Provisional.
  • En Catro Camiños facilitarase a entrada e saída de autobuses dende e cara á zona de aparcadoiro provisional.
  • Informarase á cidadanía nos paneis municipais e da Dirección Xeral de Tráfico destas incidencias, así como na web municipal e da Compañía de Tranvías.

No referente a paradas de taxis haberá tres variacións a partir das 0.00 do día 21:

  • A parada do Cantón Grande trasladarase a Santa Catalina, a de Modesta Goicouría á Avenida de Rubine e a de Paseo de Ronda á Avenida da Habana próxima á explanada do Palacio dos Deportes.

Non se prevén modificacións de itinerario para o resto das liñas de transporte urbano.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión