Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2016

Este mércores remata o prazo de inscrición para a Volta a Oza, que se celebrará o vindeiro domingo 31

A quinta edición desta carreira popular, a sexta proba da tempada, terá súa meta e saída no Parque de San Diego

Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento lembra que este domingo se celebrará a quinta edición da Volta a Oza. A sexta proba do IV Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, coñecida como "a dos tres parques", levará ás e aos atletas populares a xuntar, dunha soa volta de máis de 6 quilómetros, os parques de San Diego, Oza e Eirís ao seu paso.

Todas e todos os atletas que queiran participar na V Volta a Oza, independentemente se figuran como participantes no circuíto, deberán anotarse na proba. A inscrición, que rematará mañá mércores 27, ás 23.45 horas, poderá realizarse a través de www.championchipnorte.com e, presencialmente, na oficina de El Corte Inglés da avenida de Rubine, 3 - 5, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Aquelas persoas que non compitan esta tempada na serie de carreiras, pero si queiran facelo deste domingo, tamén deberán facelo para obter o seu dorsal. Neste caso, a cota para menores é gratuíta, mentres que na categoría absoluta é de 2 euros, agás para o colectivo con dereito a bonificación (persoas desempregadas, maiores de 65 anos e usuarias do carné xove), que aboará 1 euro.

A entrega de dorsais será o sábado, 30 de xullo, no Complexo Deportivo Municipal de San Diego de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. O domingo 31 tamén poderá recollerse desde as 9.00 horas até unha hora antes de cada unha das carreiras. No mesmo espazo deportivo tamén estabará ubicado o servizo de duchas e gardarroupa.

A hora de saída da carreira absoluta será ás 10.00 horas. O grupo percorrerá máis de 6 quilómetros desde a súa saída no Parque de San Diego. Tras percorrer a Avenida do Exército, dos Castros e da Concordia, así como Monte das Moas, chegará ao Parque de Eirís. Ao sair do mesmo, o grupo tomará como referencia a rúa Casanova de Eirís e, tras pasar por Antonio Ríos e Antonio López Noche, chegará ao Parque de Oza. Unha vez percorra este espazo, o conxunto de atletas populares descenderá cara a ronda de Outeiro para alcanzar o parque de San Diego, onde estará situada a meta.  

Unha vez finalicen as carreiras, realizarase a entrega de premios ás 12.15 horas na zona da meta. Os horarios de saídas das diferentes categorías serán os seguintes:
 

Categoría

Hora

Distancia

Absoluta

10.00 h  

6.250 m. aprox.

Xuvenil

11.15 h

2.430 m. apox.

Cadete

11.15 h

2.430 m. aprox.

Infantil

11.30 h

1.620 m. aprox.

Alevín

11:45 h

810 m. aprox.

Benxamín

11.55 h

810 m. aprox.

Prebenxamín

12.00 h

150 metros


A serie de carreiras populares comezou o pasado 29 de novembro e, despois de percorrer os barrios de Os Rosales, Novo Mesoiro, Matogrande, Adormideras e San Pedro de Visma, chegará este domingo a Oza. A derradeira carreira do circuíto disputarase o 4 de setembro no Ventorrillo, mentres que Coruña10, a decana das probas populares da cidade, porá o broche á tempada deportiva o vindeiro 9 de outubro.  

Toda a información sobre as probas, así como o regulamento da competición, pode consultarse na páxina web municipal www.coruna.es/carreiraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión