Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2014

Mourelo entrégalle ao colexio María Pita o premio ao centro educativo con máis alumnos participantes en Coruña10

Un total de 67 estudantes participaron na proba, que este ano reuniu a 1.702 menores, o dobre que na pasada edición

O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, entregou o premio ao colexio con máis alumnos inscritos á carreira Coruña10 -realizada o pasado 5 de outubro- ao Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) María Pita.

O centro educativo María Pita recibiu un premio de 500 euros en material deportivo. En total, participaron 67 alumnos deste colexio, o que máis participantes presentou a Coruña10, seguido de Compañía de María e as Esclavas. O Concello quixo, nesta oitava edición de Coruña10, implicar a toda a cidadanía; e contou coa colaboración de HM Hospitales, novo patrocinador da cita e que tamén animou a todos os colexios a tomar a saída na proba. O premio era para o colexio que inscribise a un maior número de alumnos.

Nesta edición, participaron un total de 5.260 persoas, das que 1.702 eran menores, o que demostra o éxito deste tipo de probas deportivas entre os máis novos; fronte aos 3.246 participantes no 2013, dos que 825 -menos da metade ca este ano- eran menores. A realización deste premio contribuíu a que se rexistre este incremento da participación a nivel infantil en Coruña10.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión