Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2016

O Concello abre mañá o prazo de inscrición de Coruña10, que chega ao seu décimo aniversario e na que por vez primeira poderán participar deportistas en cadeira de rodas

A decana das carreiras populares da cidade, que se celebrará o 9 de outubro, desenvolverase no Paseo Marítimo da enseada do Orzán

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, abrirá mañá, mércores 3, o prazo de inscrición para participar na décima edición de Coruña10, a carreira popular de maior traxectoria das organizadas polo Concello coruñés. A proba, que se celebrará o próximo 9 de outubro, reforzará o carácter integrador iniciado esta tempada pola área que dirixe José Manuel Sande, e permitirá que, por vez primeira, atletas en cadeira de rodas participen no percorrido completo. O circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, ten un perfil practicamente chairo e partirá, como a pasada edición, da avenida da Habana. As e os deportistas populares percorrerán, desde xeito, 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro nas rotondas do Millenium e Torre de Hércules.

En Coruña10, proba na que poderán participar persoas maiores de 18 anos, estableceranse as seguintes categorías: Junior, Promesa, Senior e até catro modalidades de veteranos segundo o ano de nacemento, e a de persoas discapacitadas que disputen a proba en cadeira de rodas. Tamén haberá carreiras para menores de idade, nas que poderán participar nenas e nenos nados desde o ano 2011 (prebenxamín) até o ano 1999 (xuvenil). Haberá recoñecementos para as primeiras persoas clasificadas de cada categoría, así como para as e os primeiros atletas locais e de Galicia. A organización, ademais, premiará a todas aquelas que superen o récord da proba, sendo este de 28:09 na categoría absoluta masculina, e 31:40 na feminina.

A inscrición para participar en Coruña10 poderá realizarse desde mañá a través da web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com e até as 23.50 horas do 2 de outubro, e tamén de xeito presencial a partir do martes 9 de agosto, ata o 1 de outubro, no departamento de deportes de El Corte Inglés de A Coruña - Ramón y Cajal e Marineda -, Compostela e Vigo. A cota de inscrición é de 5 euros - agás para as persoas menores de idade, que é gratuíta -, sen necesidade de alugar chip para a cronometraxe, xa que o dispositivo estará integrado no dorsal.


Na web  www.coruna.es/carreiraspopulares, que recolle información da tríade que Coruña10 forma xunto ás probas Coruña21, Coruña42 e o Circuíto Coruña Corre, poderá consultarse a partir de mañá o regulamento da carreira. Neste espazo actualizaranse os servizos que terán as e os corredores o vindeiro 9 de outubro, así como outras novidades da competición.  

Documentos:

CIRCUÍTO CORUÑA10 (PDF) (507 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión