Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de agosto de 2017

O Concello abre o prazo de inscrición para as carreiras populares de Oza e Ventorrillo

As dúas probas deportivas pecharán, no mes de setembro, a V edición do Circuíto Coruña Corre

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento informa da apertura do prazo de inscrición para participar na VI Volta a Oza, a sexta proba desta V edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. A competición, coñecida como "a dos tres parques", celebrarase o próximo 10 de setembro e levará ás e aos atletas populares a xuntar, dunha soa volta de máis de 6 quilómetros, os parques de San Diego, Oza e Eirís ao seu paso. Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta proba, independentemente se figuran como participantes no circuíto, deberán anotarse na carreira. O prazo de inscrición estará aberto até o mércores 6 de setembro, ás 23.45 horas, a través de  www.coruna.gal/carreiraspopulares, aínda que tamén se pode realizar, de xeito presencial, na oficina de Viajes El Corte Inglés da avenida de Rubine, en horario de 09.30 a 14.00 horas, e de 16.30 a 20.00 horas.

A VI Volta a Oza, cuxa competición da categoría absoluta comezará ás 10.00 horas, terá a súa saída e meta no parque de San Diego. O grupo percorrerá 6.250 metros desde a súa saída no Parque de San Diego. Tras percorrer a avenida do Exército, dos Castros e da Concordia, así como Monte das Moas, chegará ao Parque de Eirís. Ao saír do mesmo, o grupo tomará como referencia a rúa Casanova de Eirís e, tras pasar por Antonio Ríos e Antonio López Noche, chegará ao Parque de Oza. Unha vez percorra este espazo, o conxunto de atletas populares descenderá cara a ronda de Outeiro para alcanzar de novo o parque de San Diego, onde estará situada a meta. No complexo deportivo deste espazo, no que estará instalado o servizo de duchas e gardarroupa, poderá recollerse o perfil tanto o día 9, de, en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas, como o propio día da carreira, desde as 09.00 horas até unha hora antes do inicio da competición de cada unha das categorías. Como é habitual nesta edición, ademais da absoluta, establécense as modalidades xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín e pre-benxamín, que percorrerán, simbolicamente, 150 metros.  

Ademais da VI Volta a Oza, o Concello vén de abrir tamén a inscrición da V Carreira Popular do Ventorrillo, que terá lugar o próximo 24 de setembro, e que suporá o peche do circuíto Coruña Corre desta tempada. A saída e lugar de meta da proba absoluta, como vén sendo habitual, estará na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruzamento con Alcalde Salorio Suárez. O grupo percorrerá, desde as 10.30 horas, os lugares da Gramela, Penamoa e A Silva nun circuíto de máis de 5.500 metros. A data límite de inscrición para esta proba será o mércores 20 de setembro ás 23.30 horas, e poderá facerse, coma no caso da Volta a Oza, tanto telemática como presencialmente. Os dorsais poderán recollerse tanto o sábado 23 --de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas-- como o domingo 24 --ata unha hora antes de cada carreira-- no local da Asociación veciñal do Ventorrillo, na rúa Alcalde Salorio Suárez, 26.

Toda a información sobre as probas, así como o regulamento da competición e os percorridos, pode consultarse na páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión