Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xullo de 2016

O Concello establecerá este domingo un dispositivo especial de tráfico pola celebración da V Volta a Oza

A Policía Local regulará o tráfico na zona, que se reestablecerá ao paso das e dos corredores polas rúas da cidade

A Concellería de Mobilidade Sostible vén de anunciar que este domingo 31, co gallo da celebración da V Volta a Oza, establecerá un dispositivo especial de tráfico. A sexta proba do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, que se desenvolverá durante a mañá do domingo, unirá durante o seu percorrido, dunha soa volta, os parques de San Diego, Eirís e Oza. A carreira absoluta, que terá a súa saída e meta no Parque de San Diego, comezará ás 10.00 horas da mañá, momento no que se producirá un corte total de tráfico desde a glorieta da Ronda de Outeiro e Avenida do Exército ata as 10.10 horas, sen desvíos alternativos.

As e os corredores dirixiranse desde este punto cara o Parque de Eirís pola Avenida do Exército, Avenida da Concordia e Monte das Moas, para despois encarar o parque de Oza cruzando na avenida Casanova de Eirís, Antonio Ríos e Antonio Noche López. Neste punto, o corte de tráfico producirase na avenida Casanova de Eirís, desde o cruzamento da rúa Bergondo --xunto a praza Pablo Iglesias-- até Antonio Ríos. Unha vez o grupo chegue ao parque de Oza, volverán ao Parque de San Diego baixando pola Ronda de Outeiro, en cuxo traxecto entre o parque e a rúa Merced cortarase o carril esquerdo. O paso a través da rúa Merced --así como na rúa Abegondo no seu cruzamento na avenida Casanova de Eirís-- estará permitido mediante sinalización policial e, a partires da rúa Merced, pecharase a ronda de Outeiro en sentido Avenida do Exército ata a glorieta, onde o paso de vehículos será permeable.

As liñas de transporte público urbano non verán afectados os seus itinerarios habituais agás os autobuses das 1, 12A e 14 que, na contorna do Castrillón, agardarán ao paso das e dos corredores para continuar co seu traxecto. Unha vez pase o grupo, mediante regulación da Policía Local, continuarán co seu traxecto.

Documentos:

VOLTA A OZA - PERCORRIDO (PDF) (2 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión