Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2016

O Concello mantén aberto até o domingo 2 de outubro o prazo de inscrición para a décima edición de Coruña10

As e os atletas en cadeira de rodas poderán participar, por primeira vez, nesta carreira popular que se celebrará o 9 de outubro

A enseada do Orzán acollerá o próximo domingo 9 de outubro a nova edición da decana das carreiras populares da cidade, Coruña10. A cita deportiva celebrará o seu décimo aniversario facilitando, por vez primeira, a participación das e dos atletas en cadeira de rodas, na liña das intervencións para fomentar a integración que o Goberno local estableceu esta tempada na tríade das grandes probas municipais de atletismo, que a C10 conforma xunto ao medio maratón C21 e Coruña42.

Nesta edición, ademais, o executivo coruñés reduciu o prezo de inscrición, ao baixar a cota dos 10 aos 5 euros, mentres que para as e os menores de idade a participación continúa sendo de balde. A este respecto, o prazo límite para formalizar a inscrición finalizará o domingo 2 de outubro ás 23.59 horas, a través da web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com. Porén, todas aquelas persoas que prefiran realizala de xeito presencial, deberán facelo antes das 22.00 horas do 1 de outubro nos departamentos de deportes de El Corte Inglés da Coruña (Ramón y Cajal e Marineda City), Vigo e Compostela.  

A proba, cuxo trazado percorre o Paseo Marítimo desde a glorieta do Millenium até a Torre de Hércules, terá xunto ao Pazo dos Deportes de Riazor a súa saída e meta. A carreira da categoría absoluta comezará ás 10.30 horas e, unha hora e media despois, ao peche desta, comezarán as das categorías inferiores, nas que poderán participar desde atletas xuvenís (nados nos anos 1999 e 2000) até prebenxamíns (2009, 2010 e 2011).

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión