Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2018

O prazo de inscrición para voluntariado do Maratón Coruña42 remata o próximo 4 de abril

O mércores 4 de abril termina o prazo de inscrición para voluntarios e voluntarias na organización da edición 2018 do Maratón Atlántica Coruña 42. Aquelas persoas que queiran inscribirse deben ser maiores de 18 anos.

O Maratón Atlántica realizarase na Coruña o próximo 15 de abril. A proba, organizada polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, chega á súa sétima edición. Coincide ademais co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs. Ademais, en paralelo á C42 disputarase a carreira popular 10K.

A realización dunha proba destas características é posible grazas ao labor de voluntarias e voluntarios que todos os anos contribúen co seu esforzo e altruísmo. Trátase de xente que encontra gran satisfacción por lles axudar activamente aos corredores e ás corredoras que cruzan a meta.

O éxito dunha proba como a Coruña 42 débese en gran parte á colaboración e traballo de todas as persoas que colaboran na organización, con especial mención ao voluntariado. Elas e eles son parte fundamental desta organización. Entre todos compoñen un grupo de traballo que comparte a vontade de apoiar as diferentes actividades e eventos que teñen lugar na cidade. Os éxitos deportivos son os que ocupan portadas, pero sen o traballo destas persoas, serían imposibles.

Nas enquisas realizadas en cada proba, as corredoras e corredores puntúan coa máxima nota ás persoas voluntarias da organización. A súa calidade humana, o seu gran labor, o seu respecto e a calor que transmiten son moi apreciados polas persoas participantes de cada carreira.

É por iso que insistimos no valor do voluntariado para chegar ao éxito nunha proba como a C42. Unha proba que non comeza o mesmo día da carreira, senón que arrinca moito antes, para que non falte ningún detalle e a cidade e a súa xente poidan presumir do seu Maratón, hoxe unha proba de referencia en todo o Estado.

Como facerse voluntario da Coruña42?

Poden facerse voluntarias aquelas persoas maiores de 18 anos que queiran colaborar inscribíndose na seguinte ligazón https://goo.gl/forms/xiDLRo67BXo7JfY12. No caso de persoas representantes dunha asociación/entidade, débese cubrir o documento adxunto e envialo ao correo voluntariadodeportes@coruna.es. A data límite de inscrición é o mércores 4 de abril ás 23.59 horas.

Máis información na seguinte ligazón de voluntariado C42

Documentos:

Documento para representante entidade/asociación (36 KB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión