Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de agosto de 2016

O prazo para inscribirse na Carreira Popular do Ventorillo, que se celebrará o 4 de setembro, mantense aberto até final de mes

Trátase da última proba das Carreiras Populares Coruña Corre 2015-2016. Os e as deportistas que desexen participar deberán anotarse aínda a pesar de estar xa rexistradas no propio circuíto

A área municipal de Deportes do Concello da Coruña recorda a todas aquelas persoas que queiran participar na Carreira Popular do Ventorillo, que se disputará o próximo 4 de setembro, que deben anotarse antes de final deste mes. A data límite de recepcións será o 31 de agosto, ás 23.30 horas. Os e as participantes desta proba, a última do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre da edición 2015-2016, deberán inscribirse de forma presencial, ou ben telemática, a pesar de estar xa anotadas no circuíto, xa que terán unha puntuación especial todas aquelas persoas que finalizasen seis das sete probras que compoñen o programa anual Coruña Corre. Para facelo de modo presencial, poderán realizar a inscrición nas oficinas de Viaxes El Corte Inglés (avenida de Rubine, nº 3-5, en horario de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas), e para a vía telemática, na web www.championchipnorte.com.

Como noutras ocasións, a carreira terá sete categorías distintas entre prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta, iniciándose esta mesma ás 10.30 horas do día 4 de setembro, cun percorrido de pouco máis de 5 quilómetros. A saída e lugar de meta estará na rúa Alcalde Jaime Hervada, no cruce con Alcalde Salorio Suárez. A recollida de dorsais terá lugar  o sábado 3 de setembro (en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas) e o domingo 4, antes da realización da proba na Asociación Veciñal do Ventorillo.

Máis información na web municipal de carreiras populares : https://goo.gl/ELyj0R

Documentos:

Gráfica do percorrido da proba absoluta (439 KB)

Gráfica do percorrido das categorías de menores (2 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión