Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de decembro de 2023

Xa podes consultar as incidencias de tráfico previstas na Coruña pola San Silvestre 2023

A carreira, que conta cun percorrido de 7,5 quilómetros, sairá desde a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor en dirección á rampla de acceso á Torre de Hércules. Será un trazado de ida e volta

Este domingo 31 de decembro terá lugar na Coruña unha nova edición da carreira da San Silvestre, que pon o peche ao calendario deportivo este ano.

O trazado da proba, de 7,5 quilómetros na súa totalidade, consiste nun percorrido de ida desde a explanada do Palacio dos Deportes de Riazor ata a rampla de acceso á Torre de Hércules, e con retorno posterior a Riazor.

Neste sentido, xa están dispoñibles para a súa consulta as incidencias de tráfico previstas este domingo, co gallo da celebración da carreira.

As carreiras asociadas á modalidade de menores inclúen saídas ás 10.30, 10.45 e 11.00 horas, na zona comprendida entre a avenida de Bos Aires, desde Manuel Murguía, e a avenida Pedro Barrié de la Maza. O peche do circuíto terá lugar ás 10.15 horas, desde a avenida de Bos Aires e ata Modesta Goicouría.

No tocante á proba en categoría absoluta, que comezará ás 11.30 horas están previstas alteracións ao tráfico entre a avenida de Bos Aires e a Torre de Hércules, pasando pola avenida Pedro Barrié de la Maza, o sector do Paseo Marítimo que vai en dirección á rotonda localizada ao oeste da avenida de Navarra e, xa finalmente, o treito que conduce cara á rampla de acceso á Torre de Hércules. Dado que o percorrido da proba é idéntico en ida e volta, as alteracións afectarán en ámbolos sentido de circulación.

A finalización das incidencias de tráfico está prevista, aproximadamente, ás 13.00 horas do domingo 31. A apertura dos carrís de tráfico rodado será progresiva e coordinada, conforme as persoas participantes na carreira vaian chegando á Torre de Hércules e leven a cabo o percorrido de retorno en dirección a Riazor.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión