Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 25 de Febreiro de 2024 o XVI Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50 metros.

A proba comezará ás 09.30 a.m. e a liña de saída estará situada á altura do Obelisco, no Cantón Grande.

O peche de control da carreira realizarase 2 horas e 30 minutos despois de súa saída. Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10 km. Ao cumprirse este tempo, tanto para o primeiro tramo da carreira como para a distancia total, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e trasladarse á zona peonil.

Consideraráselles "fóra de carreira" e "non figurarán nas clasificacións". Se deciden continuar, estarano a facer baixo a súa exclusiva responsabilidade, debendo cumprir en todo o momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.

Noticias de carreiras

Hemeroteca

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión