Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Axudas da UDC para o transporte urbano da Coruña e metropolitano da Coruña e Ferrol

A Universidade da Coruña (UDC) convoca 2.570 axudas para o transporte urbano na cidade da Coruña ou para transporte metropolitano da Coruña e Ferrol destinadas ao alumnado da UDC para o curso 2019-2020.

Inscripciones:

Hasta el 25/10/2019

ás 14:00 horas.

Requisitos:

  • Alumnado da UDC que estea matriculado no curso 2019-2020 dun mínimo de 30 créditos ou dos que lle resten para finalizar unha titulación oficial no Campus da Coruña ou no Campus de Ferrol.
  • Non poderá gozar desta axuda o alumnado que estea realizando unha mobilidade estatal (SICUE) ou internacional (ERASMUS e asimilables) no curso 2019/2020, independentemente da duración da estadía, nin aquel alumnado que estea en planos de estudos sen dereito a docencia.
  • As axudas concederanse en función da Renda Persoal Dispoñible. En ningún caso se poderá recibir esta axuda cando a RPD sexa superior os 14.000€.
  • As solicitudes deberán cumprimentarse a través da aplicación informática á que se accede dende: https://aplicacions.sic.udc.es/SolicitudeBonobus ou https://servizos.udc.es Unha vez cumprimentada a solicitude, esta deberá ser impresa e asinada pola persoa solicitante e polos demais membros computables da familia, maiores de 14 anos. Xunto coa solicitude, terá que achegar a documentación esixida na convocatoria.

Remuneración / Dotación:

  • O importe máximo da subvención será de 114€ (en viaxes) para os primeiros 2.070 estudantes con axuda:
    • a) No caso da tarxeta urbana da Coruña Millenium: 300 viaxes a un prezo para o/a alumno/a de 0,30€/viaxe
    • b) No caso das áreas de transporte metropolitano (ATM) e usando a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia (TMG) o importe máximo da subvención será de 114€ (en viaxes). O prezo varía dependendo do número de saltos (consultar convocatoria).
  • Para os seguintes 500 estudantes con axuda e con tarxeta Millenium, disporán de 300 viaxes a un prezo de 0,50€/viaxe

Página web:

www.udc.gal

Contacto:

Universidade da Coruña-UDC

Servizo de Estudantes - Negociado de Bolsas

Pavillón de Estudantes. Campus de Elviña. A Coruña

Tlf. 981 167 000

Corrección de erros

As modalidades de axudas serán dúas:

  • Axuda destinada ao transporte urbano da cidade da Coruña
  • Axudas destinada ao transporte metropolitano das Áreas Metropolitanas da Coruña e de Ferrol. 

Para poder beneficiarse destas axudas no transporte urbano da Coruña ou metropolitano será requisito inescusable estar en posesión de:

  • Tarxeta Millenium no caso do transporte urbano na cidade da Coruña. Para axilizar a xestión da axuda, no caso de non teren a citada tarxeta, deberá solicitala acudindo ás oficinas municipais da Estación de Autobuses da Coruña (Rúa Caballeros, 21) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural ÁGORA (Lugar Gramela nº 17).
  • Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG) para as áreas metropolitanas:
  • No caso do alumnado da UDC que curse estudos na Coruña, os desprazamentos bonificados son os desprazamentos entre calquera concello da Área de Transporte Metropolitano da Coruña e os Concellos da Coruña e de Oleiros nos que se localizan as dependencias universitarias. 
  • No caso de alumnado da UDC que cursa os estudos en Ferrol, os desprazamentos bonificados neste caso son os desprazamentos entre calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Ferrol e o Concello de Ferrol no que se localizan as dependencias universitarias. 
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?