Os Locais de Ensaio da Concellaría de Participación e Innovación Democrática, ubicados no Coliseum contiguos á sala Túnel, son un servizo público a disposición da xuventude para que teña espazos axeitados en que expresar a súa creatividade, inquedanzas e manifestacións musicais.
Os obxectivos que presentan os Locais de Ensaio son:
PERSOAS DESTINATARIAS
Músicos noveis, tanto en grupo como individualmente.
PERÍODO DE APERTURA
Os Locais de Ensaio permanecen abertos os 12 meses do ano, os sete días da semana (agás festivos).
CONDICIÓNS DO PROGRAMA
Este espazo para a mocidade está integrado por:
Ademais da cesión dun espazo de ensaio coordinado e controlado, preténdense ofrecer accións formativas e de exhibición das creacións dos grupos participantes, así como reforzar sinerxias non só entre os usuarios dos locais, senón tamén con proxectos similares no país e con eventos musicais no ámbito local.
HORARIO DE USO
O horario de apertura dos Locais de Ensaio é o que sigue:
O uso dos Locais de Ensaio está supeditado á non coincidencia de eventos no recinto do Coliseum que puideran ser considerados incompatibles coa súa utilización. Esta continxencia sería notificada, sempre que sexa posible, cun mínimo de 5 días de antelación.
O horario establecido terase que respectar e deberase axustar ás franxas horarias reservadas para cada usuario/a. As persoas usuarias deberán ser puntuais á hora de finalizaren o ensaio.
O horario marcado para o ensaio incluirá o tempo de montaxe e desmontaxe dos instrumentos.
COSTE
Gratuíto.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Poderán presentar solicitudes para utilizar os Locais de Ensaio aquelas persoas que, a título individual ou en representación dun colectivo musical, precisen dun local para realizar os seus ensaios. Os grupos terán dereito a utilizar o equipamento 12 horas mensuais (3 horas á semana).
As solicitudes, xunto coa documentación anexa que se indica a continuación, deberán entregarse nas oficinas dos Rexistros Municipais:
Os modelos de solicitude poden ser descargados no blogue dos Locais de Ensaio locaisdensaio.blogspot.com, das webs www.coruna.es/participacion e www.coruna.es/cmix ou recollidos no Centro de Información Xuvenil, nos propios Locais de Ensaio e nos rexistros oficiais do Concello.
Xunto coa solicitude, haberá que achegar a seguinte documentación:
Semestralmente, renovarase a adxudicación de uso dos Locais de Ensaio, atendendo aos seguintes criterios:
1. Formar parte da listaxe de agarda sen posuír a condición de usuario dos locais de ensaio.
2. Ter feita a solicitude no período de inscrición marcado pola departamento de Mocidade para tal fin e cumprir todos os requisitos.
3. Grupos que, estando como usuarios nos locais de ensaio, volvan presentar a solicitude no período de inscrición e cumpran por esta orde, os seguintes requisitos:
a. Que todos/as os/as compoñentes sexan menores de 30 anos e acaden un 75% na asistencia no período anterior con todos os integrantes do grupo, ou ben o 90% de aproveitamento ainda que faltara algún integrante por ensaio. Ademais, alomenos un integrante do grupo terá asistido a un evento formativo do anterior semestre.
b. Que alomenos dous tercios dos/as compoñentes sexan menores de 30 anos.
c. Os grupos restantes que, cumprindo todos os requisitos, xa participasen como usuarios na anterior quenda de ocupación dos locais, incluidos aqueles grupos que foran apercibidos por un leve mal uso do servizo, ou tiveran un índice de asistencia insuficiente.
En caso de exceder a demanda á oferta, realizaríase un sorteo entre os grupos que formasen parte dos Locais na quenda anterior.
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Desde el 30/04/2024 hasta el 13/09/2024
Hasta el 08/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible