Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Hasta el 31/07/2026
O XXIV Premio de Poesía Afundación é unha iniciativa da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e do Centro PEN de Galicia, e conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
El plazo está abierto permanentemente.
Fundae, en colaboración con la Secretaria de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial (SEDIA), organiza 7 itinerarios formativos gratuitos y online, compuestos por 5 niveles con 150 horas de esfuerzo estimado por cada uno de ellos. Estos niveles se pueden realizar de forma independiente o completar cada uno de los itinerarios. El itinerario es autoformativo.
Hasta el 17/06/2026
Creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso - oposición, para a contratación en réxime de dereito laboral temporal de profesores/as de piano do Conservatorio profesional de música “Felipe Paz Carbajal” do Concello de Noia.
Cursos de teatro, interpretación e dobraxe para mocidade dende os 7 aos 17 anos.
Hasta el 15/06/2026
o hasta agotar plazas.
Kiriko Natura ofrece un amplio programa de campamentos de verano, adaptable en fechas y contenidos según las edades de los niños y niñas y sus preferencias.
Hasta el 19/06/2026
Cobertura en propiedade, polo sitema de oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo/a de Administración Xeral.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible