Concello da Coruña

Concello da Coruña

1+1►VIDEOARTE

Inma Veiga + Emanuele Dainotti ► Parga (Lugo) + Milán ►

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/11/2018

Xa rematou

Enderezo:

CGAI - Centro Galego de Artes dá Imaxe. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome presenta a súa primeira edición do 1+1Play Vídeo Arte que terá lugar no CGAI da Coruña o martes 13 de novembro ás 6pm para gozar da proxección.

Os seus protagonistas son Inma Veiga, galega instalada en Oporto e Emanuele Dainotti, italiano instalado en Milán.

Xs dxxs artistas están a colaborar xunto á nosa asociación no proxecto 1+1 Play, dentro do programa Cultura de Barrio 2018 da Concellería de Culturas da Coruña.

A intención deste proxecto é a de traer o cinema experimental á cidade da Coruña e a de mellorar a oferta cultural local, ofrecendo unha disciplina que adoita presentarse en moi poucas ocasións.

Unha iniciativa que busca dar máis visibilidade ao cinema independente e de autor, e compracer ao público coruñés coa proxección de curtametraxes artísticas cheas de contido conceptual. Deixarlle viaxar nun espazo temporal onde non se pretende deixar ningunha mensaxe específica senón outorgar á mente a libre interpretación.

Xs directorxs comparten un impulso estético e narrativo á vez. O traballo de investigación e a procura dun diálogo directo co público segundo unha estrutura aberta e non imposta, son elementos que os artistas teñen en común.

O traballo de Emanuele atópase ao confín entre o cinema e o videoarte aínda que na súa última etapa está moito máis orientado ao videoarte. Inma, pola contra, é moito máis propensa á creación de cinema experimental.

A selección das curtas foi guiada por un sentido pasional e artístico, os dous autores seleccionaron 3 dos seus traballos preferidos polos resultados obtidos e sentimentos.

Xs dxxs directorxs íspense a través do vídeo, fannos testemuñas das súas visións e formas de ver o mundo e a arte. Comparten as súas experiencias transformándoas nun resultado artístico auténtico e persoal.

Á vez, tomando en consideración a diferenza de idade de 8 anos, móstrannos dous puntos de vista de dúas xeracións distintas pero que van da man por ser consecutivas, pretendendo enriquecerse.

Unha colaboración que sirva para aprender o un do outro, influenciarse para madurar e seguir crecendo no seu camiño profesional.

Proxectaranse un total de 6 curtas, por un total de 43 minutos:

Mulher Cacto - Inma Veiga 6:17 min

Brthr - Inma Veiga 8:06 min

Pestanas Postizas - Antía Carreira e Inma Veiga 3:20 min

San Nepomuceno - Emanuele Dainotti 5:03 min

Santa Teresa - Emanuele Dainotti e Alessandro G. Capuzzi 12:06 min

Genesi di una Luce al buio - Emanuele Dainotti 8:48 min

Ademais da proxección das 6 curtametraxes, haberá un agasallo para o público.

A proxección dun proxecto experimental no que traballaron Emanuele e Inma ao longo deste último mes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión