Concello da Coruña

Concello da Coruña

Abrindo horizontes

Inauguración da exposición "Abrindo horizontes" o martes 14 de xuño ás 20.00 h

A quen vai dirixido?:

Público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/06/2016 ata o 25/07/2016

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo de 12.00 h a 14.00 h e de 18.00 h a 21.00 h.

Festivos aberto.

 

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Prezo:

gratuíto

A exposición "Abrindo horizontes" móstranos os cambios fundamentais que transforman a cidade na década do 70 e 80 do século XIX. Proxectos longamente xestados visibilízanse nestes momentos: derriba das fortificacións que separan a Cidade Vella coa Pescadería, as que separan A Coruña do seu arrabalde, ampliación e modernización do porto, renovación dos camiños de terra e de ferro para a chegada do ferrocarril, aliñamento de fachadas e infraestruturas hixiénicas... Contamos cun testemuño de excepción: a reportaxe que entre 1879 e 1884 realiza un ata agora practicamente descoñecido Valentín Mendía. Son 26 magníficas fotografías nas que se reflicten estes cambios. Xunto a iso 15 bandos, 4 carteis e 8 parágrafos extractados de documentos administrativos, todos eles custodiados no Arquivo Municipal, axúdannos a comprender as inquietudes, necesidades e aspiracións duns cidadáns que desexaban transformar a súa cidade.

Visitas guiadas de maneira gratuíta:

Visitas guiadas para público en xeral: os xoves ás 18.30 h e domingos ás 12.30 h.

Visitas guiadas para escolares e grupos organizados: con cita previa no teléfono 981 189 898, ou en kioscoalfonso@coruna.es.

 

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión