A galería Vilaseco presenta unha dobre exposición de Antonio Murado.
Para público en xeral
Dende o 16/11/2017 ata o 26/01/2018
Xa rematou
Luns a venres
11:00 - 14:00 h
17:00 - 21:00 h
Sábados e mes de agosto logo da cita previa en +34 627 484 802
Máis info: Galería Vilaseco.
Padre Feijoó, 5-1º, 15004, A Coruña
Tel.: 981 216 252 - 627 484 802
info@vilaseco.com
A galería Vilaseco presenta unha dobre exposición de Antonio Murado.
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, desde moi pronto capta a atención do sector artístico nacional facéndose co protagonismo de distintos certames e mostras. Foi precisamente en 1995, coa obtención da Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro Unión Fenosa · MACUF, que goza dunha estancia en Nova York, cidade na que se instalará definitivamente.
Considerado pola crítica especializada como un dos pintores españois de maior proxección internacional, o seu proxecto artístico foi obxecto de numerosas exposicións individuais en institucións de países como Alemaña, Canadá ou Estados Unidos. Igualmente, relevantes coleccións internacionais fixéronse eco da súa creación plástica, entre as que cabe mencionar Philip Morris Collection, American Express Collection, Pfizer, Brookfield - sitas en Nova York-, Nordstrom - sita en Seatttle-, ou Colección La Caixa de Arte Contemporáneo, en Barcelona e Colección CGAC, en Santiago de Compostela.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible