Un espectáculo de teatro-circo que dirixirá Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor.
Para público en xeral
25/11/2018
Xa rematou
19.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o aceso á sala)
8,00 / 10,00 / 14,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 6,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%) (familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes))
(Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto)
(As persoas compradoras de entradas con desconto deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)
Pistacatro prepárase, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), para o que será o seu novo proxecto "Arnoia Arnoia: o Circo da Casa Pequena".
Sinopse: O Circo da Casa Pequena presenta a historia de Nmonadah, adolescente que con 16 anos perde os seres queridos nunha guerra. Os sanguinarios veciños asasinan a Nai Loretta.
Vese só para iniciar um camiño asexado por perigos que adquiren as formas luminosas e inquietantes dos artistas de circo: acróbatas, malabaristas excéntricos, escapistas, fakires, artistas e clowns.
Nmonadah debe superar as nove probas que o devolvan á súa casa pequena, terá que fuxir dos veciños, e enfrontarse ás adiviñas dos xigantes leberkholm, o cabaleiro da floresta, as damas adormecidas, o labirinto dos Grou, no mundo subterráneo, as caravanas dos homes sen nome, e os piratas do Calpurnia Abana.
Unha aventura na que non terá mais axuda que o amuleto Libredón e un castrón: Mestre Lionel.
Un circo no que os artistas en arriscadisimos xogos, poñen en perigo a súa propia memoria e identidade.
Unha lona de circo que é metáfora do mundo, coma sempre.
Unha conversa entre o mundo múltiple do imaxinario de Ferrín e o prodixioso mundo do circo de Pistacatro Fábrica de Soños, e o rol diplomático de Quico Cadaval, ordenando o tráfico.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible