Concello da Coruña

Concello da Coruña

AUDIO+VISUAL► 2018

Temor A Contratiempo Zayrus Selector Odeón + Javi Alvedro►

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/05/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Museo de Belas Artes. Rúa Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

Con ocasión do 18 de maio, Día Internacional dos Museos, a asociación cultural "Sen Ánimo de Nome", en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña, celebran a súa terceira edición do Audio+Visual►

onde se mostra o traballo musical con voz e texto de Zayrus Selector Odeón combinado coa proxección das imaxes visuais do artista e fotógrafo Javi Alvedro, o todo emulsionado nos mínimos detalles e a máxima sincronización.

Os dous artistas galegos presentanlle ao público o seu novo proxecto "Temor a contratempo": unha viaxe musical no tempo coa finalidade de non quedar indiferente aos ollos das persoas espectadoras. Un proxecto musical e visual que ofrece a posibilidade á reflexión sobre argumentos existenciais como o medo e a súa relación co tempo.

O espectáculo estréase o venres 18 de maio ás 20:30 h no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña.

O Audio+Visual► é un espectáculo audiovisual onde os sons experimentais e electrónicos dos artistas de son comunican coas imaxes proxectadas por artistas visuais coa intención de crear unha fusión intensa entre imaxes animadas e sons industriais. Ademais este ano súmase ao evento o elemento de guión poético con voz e texto.

O proxecto entra dentro do seu programa 1+1Play/A Coruña Artistas en Microresidencia.

Zayrus e Javi produciron o traballo enteiro nun proceso creativo desenvolvido a distancia, desde Galicia (Zayrus) e México onde se atopa actualmente instalado Javi. Aspecto apreciable para considerar o bonito e creativo que pode nacer desde colaboracións entre artistas e pontes dun intercambio artístico transfronteirizo.

O Audio+Visual► 2018 converterá así o Salón de Actos do Museo de Belas Artes en toda unha experiencia artística mística e astral, única para vivila.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión