Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bolsas de creación artística

A última inauguración da tempada estará protagonizada polos proxectos de Alberto Gracia, Ruth Montiel Arias e Federico Vladimir Strate Pezdirc. Tres propostas expositivas con pezas inéditas creadas a partir do impulso das nosas bolsas de creación artística no estranxeiro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/06/2017 ata o 20/09/2017

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.30 horas

Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas

Luns pechado

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

Libre

Organiza:

MAC

Contacto:

T. +34 981 911 476

mac@gasnaturalfenosa.com

Federico Vladimir Strate Pezdirc viaxou a Terra de Fogo para crear "Cantos do Hain", un proxecto documental sobre os nómades orixinarios da devandita illa, os selknam. A mostra recreará a súa cerimonia principal, o Hain, a través da performatividade e o mito. A destrución dos ecosistemas naturais e humanos orixinada pola extracción de ouro é o punto de partida do proxecto de Ruth Montiel Arias. "Sen ouro non hai home" é o resultado da súa investigación en Perú e Sudáfrica, alí onde se atopan as minas de ouro máis importantes do mundo. Por último, Alberto Gracia convida as persoas espectadoras a deixarse levar polas imaxes presentadas. "Fascinación" está chea de obxectos atopados, instalacións e souvenirs que nos deixarán sen palabras e espertarán unha sabedoría case esquecida: o uso da superstición como medio para dar significado ao que vemos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión