Espectáculo do Centro Dramático Galego baixo a dirección de Gena Baamonde.
Para público en general
Desde el 24/05/2019 hasta el 25/05/2019
Ya ha finalizado
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numurosas, -25%)
De Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte; Gena Baamonde, directora
FANTASÍA Nº 5 EN SOL OU NON: Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro "Viva España". Unha vella agarda pola morte.Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono, alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES.As vellas botan "gasofa" na terra para que medren as cenorias. E nós preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!). En proscenio: a maleta.
BOISACA OU A DIVINA DESGRAZA: O dramaturgo, encarnado nunha actriz veterana, ten que escribir unha obra de teatro sobre a identidade nacional, coa posibilidade de que esta sexa representada no CDG. Para conseguilo, convoca a escritora Mary Shelley, para que o acompañe nunha viaxe ao outro mundo na procura do seu pai. No seu camiño encóntrase con algúns dos mortos que construíron, cada un co seu propio anaco, ese monstro que é a identidade nacional galega.
Elenco: Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja, Laura Villaverde
Escenografía: Marta Pazos
Venda de entradas
Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Web:
Venres: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-cdg-neorretranca-e-posmorrina-teatro-rosalia/
Sábado: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-cdg-neorretranca-e-posmorrina-teatro-rosalia-castro/
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible