Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Todo é Ciencia"
Persoas adultas, Xuvenil
28/05/2018
Xa rematou
De 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
A obesidade constitúe na actualidade o maior problema sanitario a nivel mundial ao afectar ao 13% da poboación adulta; estímase que a este ritmo podería alcanzar un 20% en 2025.
Así, a obesidade é unha enfermidade que debe ser tratada como tal xa que está asociada a enfermidades do corazón ou á diabetes tipo dous, e a outras menos coñecidas como o desenvolvemento de varios tipos de cancro. Cada vez é máis evidente que a graxa que se acumula no sobrepeso e a obesidade participa no desenvolvemento destas enfermidades asociadas xa que as células de graxa (os adipocitos) producen hormonas que regulan o apetito entre outras funcións. No Grupo Obesidómica do IDIS estudamos estas hormonas liberadas pola graxa, como varían en función de onde se acumula, e a súa alteración na obesidade.
María Pardo Pérez. Líder do Grupo Obesidómica, Investigadora do Sistema Nacional de Salud Miguel Servet achéganos a todas as chaves que tratan este tema.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible