Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Blackbird

De David Harrower

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/03/2018 ata o 03/03/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos (sen intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

"Blackbird": merlo. "Black", negro, representa a morte, o mal e o descenso á tumba, mentres que "bird", paxaro, simboliza a vida eterna e o ascenso ao ceo. O "blackbird" simboliza a tensión entre a alma e o corpo, o espiritual e o terreal.

En Blackbird, o autor escocés David Harrower, valente e provocador, retorce os límites do amor, sacudindo a nosa conciencia a través dun reencontro que intenta curar unha ferida froito dun amor imposible que aínda hoxe segue aberta.

O conflito trasládase ao patio de butacas, onde as persoas espectadoras, convertidas en xuízas, van recompoñendo a través do diálogo un quebracabezas ao que lle faltan pezas. A audiencia mantense nun intenso debate interno dando bandazos dun lado a outro, reflexionando sobre os límites do amor, cuestionándose o concepto de amor en si mesmo e o papel que nel xogan a sociedade, a familia, a lei e a moral.

"Blackbird que cantas na morte da noite, toma estas ás rotas e aprende a voar. Toda a túa vida estiveches esperando este momento para alzar o voo.

Blackbird que cantas na morte da noite, toma estes ollos afundidos e aprende a mirar. Toda a túa vida estiveches esperando este momento para ser libre".

The Beatles

Con Irene Escolar, José Luis Torrijo

Dirección: Carlota Ferrer

Coprodución de El Pavón Teatro Kamikaze, o XXXIV Festival de Outono a Primavera da Comunidade de Madrid e Calle Cruzada

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Para mercar entradas para o venres 2 pulse aquí

Para mercar entradas para o sábado 3 pulse aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión