Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "El padre"

De Florian Zeller

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/01/2018 ata o 27/01/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

(Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)

Duración:

90 minutos (sen intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

26,00 €; 22,00 €; 18,00 € e 12,00 €

Televenda:

Ticketea

El padre é cualificada polo propio autor, Florian Zeller, de farsa tráxica.

E aí radica a súa grandeza e a súa dificultade.

Trata un tema tan espiñento como a perda da realidade debida á vellez.

Colócanos na perspectiva dunha mente confusa ou, quizais, confundida polos intereses dos que o rodean, nunca o saberemos.

Sen ridiculizar xamais o carácter principal, Andrés fainos rir.

As situacións ambiguas, moitas veces contraditorias, as réplicas mordaces, os personaxes duplicados, cambiantes, e por encima de todo a dúbida de se o que realmente sucede é o que di a familia ou é o que sente o pai, producen unha das obras máis divertidas, apaixonantes e profundas do teatro contemporáneo.

Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia e a maioría das veces a un inquietante "thriller" ao estilo Hitchcock.

Nunca decae e cando cremos estar nunha certeza, un revés inesperado, unha imaxe nova desconcértanos e vólvenos a atrapar. Gran divertido teatro.

Naturalmente é unha obra escrita para un actor.

Contar con Héctor Alterio para o papel principal converte este proxecto nun soño para calquera equipo, xa que o rigor, a intelixencia, o dramatismo e o sentido do humor están garantidos.

Jose Carlos Plaza

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Para mercar entradas para o venres 26 prema aquí

Para mercar entradas para o sábado 27 prema aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión