Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Nacidas libres

De Cándido Pazó

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/03/2018 ata o 24/03/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos (sen intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20% )

Televenda:

Ticketea

A muller é a gran protagonista nesta obra teatral dirixida por Cristina Domínguez na que as súas protagonistas son catro actrices en paro que deciden autoempregarse para non desaparecer da escena. Montan a súa propia peza teatral. Non atopan textos para catro mulleres, polo que deciden engadirlle á obra unha moza escritora emigrada dándolle como punto de partida a noticia aparecida nos xornais do rescate de tres monxas indias retidas contra a súa propia vontade nun convento de clausura en Santiago de Compostela.

Con esa inspiración montan un espectáculo en múltiples planos nos que, con frescura, dinamismo, emoción e humor, reflexionan desde unha perspectiva de xénero sobre a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas ou a emigración. O resultado é un espectáculo para pensar, gozar, emocionarse e divertirse.

As actrices Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño conforman o elenco deste espectáculo no que dan vida a unha ducia de personaxes baixo a dirección de Cristina Domínguez.

Contraproducións, S.L.

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Para mercar entradas para o venres 23 prema aquí

Para mercar entradas para o sabado 24 prema aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión