As portas do teatro ábrense para vós! Con Loopy Hoppers + Armando Martén + Cristina Montero + DJ Teresa de Praia
Para público en xeral
29/04/2018
Xa rematou
Desde as 10.00 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
Entrada libre
Celebramos o Día Internacional da Danza 2018 cunha xornada de portas abertas no escenario do propio Teatro Rosalía Castro. De 10.00 a 11.00 horas comezamos cunha práctica de danza en familia aberta a rapaces e rapazas de todas as idades e aos seus familiares con Cristina Montero. Despois a partir das 11.30 h seguimos cunha práctica combinada de Lindy Hop e danza contemporánea con Armando Martén, unha sesión de iniciación para achegarse a estes dous estilos de danza e gozar dunha mañá divertida e en movemento coas túas amizades e familiares.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible