Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Arte no Cómic

Unha mostra de Fundación Telefónica que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/09/2017 ata o 06/01/2018

Xa rematou

Horario:

Luns a venres de 17.00 a 21.00 h

Sábados de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h

Enderezo:

AFundación. Cantón Grande 8. 15003 A Coruña

Prezo:

gratuita

«A Arte no Cómic» estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri ou a obra El perdón y la furia de Antonio Altarriba e Keko, publicada polo Museo del Prado. Fundación Telefónica tamén se sumou a esta iniciativa encargando versións libres dalgunhas das mellores pezas do seu patrimonio artístico a diferentes ilustradores, que ofrecen a súa visión de obras de Picasso, Tàpies ou René Magritte.

O segundo ámbito está centrado no cómic desenvolto por autores galegos como Brais Rodríguez e Miguelanxo Prado. Ademais, con motivo desta mostra, Afundación encarga a Jacobo Fernández Serrano unha historieta baseada nalgunhas das obras e autores máis sobresaíntes da súa colección de arte: Leiro, Maruja Mallo, Castelao, Laxeiro, Lugrís ou Minguillón, entre outros.

Por último, a exposición recolle como as grandes obras da pintura aparecen no cómic, facendo especial fincapé na actual corrente museográfica que avoga por un achegamento á novena arte como unha disciplina que ineludiblemente ha de estar presente na programación dos museos e grandes centros. Trátase dunha nova visión do mundo da pintura, unha mirada persoal e unha homenaxe dos autores de bandas deseñadas que, conscientes da capacidade narrativa desta, utilizan os seus recursos para nos mostrar o mundo da pintura dun modo distinto ao que habitualmente ofrecen críticos e teóricos da arte.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión