Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xaneiro de 2017

O ciclo 'Todo público' ofrece esta primavera espectáculos para todas as idades con compañías de Galicia, País Vasco e Italia

A proposta estable de artes escénicas do Fórum Metropolitano conta con representacións en días lectivos para o alumnado coruñés

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, que dirixe o edil José Manuel Sande, vén de presentar os espectáculos que formarán parte, esta primavera, do ciclo Todo público, a proposta estable de artes escénicas que acolle o Fórum Metropolitano durante o curso escolar e cuxa programación abrangue diversos espectáculos dirixidos a rapazas e rapaces de máis de 3 anos ata a preadolescencia. As obras, que se representan para o público de todas as idades os sábados ás 18.30 horas, contan con funcións nos días lectivos para o alumnado de centros educativos, enmarcadas nas actividades municipais do programa 'CoruñaEduca'.

O primeiro espectáculo deste mes de febreiro (sábado 4, 18.30 horas) será Manawee, da compañía galega Matrioshka Teatro. A obra, que obtivo catro candidaturas aos premios María Casares 2016, dos que gañou o recoñecemento á mellor música orixinal, está dirixida ao público maior de 8 anos, que descubrirá un espectáculo de creación contemporánea, ateigado de humor, sobre o concepto da emoción. Manawee, que se representará no seu horario habitual (18.30 horas) este sábado, día 4, contará con representacións matinais para o público escolar tanto o xoves 2 coma o venres 3.

Xa o sábado 11 de febreiro o autor, director e intérprete italiano Bruno Cappagli presentará a súa proposta El elefantito, unha obra dirixida a nenas e nenos maiores de 3 anos. No mes de marzo, a compañía vasca Gorakada levará ao auditorio do Fórum Metropolitano unha revisión de Moby Dick de Herman Melville adaptada para maiores de 6 anos, coa que participaron nos XIX Premios Max das Artes Escénicas. Finalmente, o sábado 8 de abril será a quenda de Barrokino, unha obra que na que, a través da posta en escena e da música da Orquestra Sinfónica de Euskadi, a compañía Teatro Paraíso propón ás nenas e aos nenos de máis de 3 anos achegarse ao universo musical barroco.

As entradas para Todo público poden adquirirse no despacho central de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas), a través de www.ticketea.com ou do teléfono 902.044.226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 horas, sábados de 14.00 a 22.00 horas e domingos de 16.00 a 21.00 horas) por 6 euros cada unha --agás nas das e dos menores de 3 anos, que será de 2 euros--. A Concellería tamén ofrece a posibilidade de asistir a cada un dos espectáculos mediante o Abono3, que inclúe 3 entradas para o mesmo espectáculo por 15€ .

Para máis información sobre os espectáculos deste ciclo e doutras propostas, pode visitarse a páxina web municipal www.coruna.gal/cultura


 

Documentos:

Díptico Todo Público (PDF) (205 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión