Concello da Coruña

Concello da Coruña

"El doble de la mitad"

Exposición de Rubén Ramos Balsa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/12/2016 ata o 30/04/2017

Xa rematou

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar capacidade

As obras de Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978) móvense entre o exercicio científico e a beleza revelada nas composicións elementais de dobres, na versatilidade e ductilidade de materiais e obxectos, ou nas súas reaccións fronte ás determinacións do espazo e do tempo. Neste sentido, as súas series fotográficas e os seus vídeos constatan momentos irrepetibles e detidos que poden ser lidos como sinxelos exercicios de física e mecánica que interrogan sobre a percepción do espazo visual.

A maneira de organizar e deseñar a exposición non se aten a criterios formais nin de formatos, e menos aínda cronolóxicos, se non que máis ben responde ao traslado dunha forma de pensamento e de organización conceptual que é, en definitiva, a que rexe a maneira na que Ramos Balsa crea as súas pezas, interrelaciónaas e modifícaas. Deste xeito, a exposición concíbese máis ben como un laboratorio aberto ou un diagrama de espazos e vectores que circulan e aliméntanse entre si.

Por outra banda, a natureza de cada obra, con independencia do seu formato, ábrese a unha interpretación ampliada de maneira que, por exemplo, a fotografía pode remitir a unha práctica performativa ou a escultura a un exercicio científico, e así sucesivamente. Este aspecto, relativiza e cuestiona o status cerrado das pezas que pola contra se definen máis ben como estruturas abertas ou ensaios susceptibles a novas relacións "familiares".

O carácter retrospectivo da exposición, non se refire tanto á localización dunha boa parte da produción do artista desde principios dos anos 2000 -momento no que efectivamente comeza a desenvolver o seu traballo- ata o presente, se non á posta en escena de diferentes investigacións que flúen e crúzanse nun espazo dado, co obxectivo de tornar o espazo expositivo nun ámbito esencialmente experiencial.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión